|
LIBROS DE TEXTO CURSO 2019-20
Enviado por admin o Ven, 21/06/2019 - 05:50Saída club xogo de mesa
Para rematar o curso, os participantes en "+1: Sube de nivel", club de xogos de mesa do IES, fixeron unha visita á tenda Banda Deseñada para informase dos tipos de xogos (ver foto) e á Fundación para visitar a exposición SUPERPODERES, dos debuxantes David Rubín e David Aja.
Proxecto Terra - visita ao Courel
Coma todos os cursos, o centro participou no Proxecto Terra, iniciativa do Colexio de arquitectos de Galicia para coñecer o urbanismo e a paisaxe do noso país. Neste ano o alumnado de 3º ESO, visitou O Courel, un dos espazos máis singulares e descoñecidos da nosa terra. Aquí deixamos un vídeo que amosa as diversas actividades e visitas realizadas (facer click na foto para reproducir o vídeo).
A pegada do coiote - xogo de descubertas no Parque da Bouza
Para rematar o curso o alumnado de 1º ESO fai un xogo de descubertas no Parque da Bouza. Isto forma parte das actividades do Roteiro por Coia.
LISTAXES DEFINITIVAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
Enviado por admin o Mér, 12/06/2019 - 07:40Premio no VI Concurso de debuxo e lemas para escolares relacionado coa doazón e os transplantes.
A nosa alumna Lucía Alonso Moure acadou o primeiro premio no VI Concurso de debuxo e lemas para escolares relacionado coa doazón e os transplantes. A entrega de premios realizouse o pasado mércores 5 de xuño de 2019 no Mupega. Parabéns para Lucía.
Xornada de acollida para o alumnado de 6º
O pasado luns 3 de xuño realizamos a xornada de acollida para o alumnado que o vindeiro curso inicia a ESO no noso centro. O equipo directivo e o profesorado colaborou na realización de diferentes actividades que tiveron lugar ao longo de toda a mañá.
Nesta xornada puideron coñecer algunhas dependencias do IES (salón de actos, biblioteca, laboratorios, ximnasio e cafetería). Tamén puideron participar en diversas actividades que se realizan nas aulas, e gozar de actuacións de alumnado do centro.
Parécenos interesante este encontro co seu futuro centro e, como non, cos seus futuros compañeiros e compañeiras, e esperamos que a visita fose do seu agrado.
ESPERÁMOLOS NO VINDEIRO CURSO!
Fondo solidario de libros de texto: curso 2019-2020
Enviado por admin o Ven, 24/05/2019 - 04:34Acceder a toda a información premendo nesta ligazón.
Prazo: ata o día 21 de xuño.
Listaxes definitivas de admisión de alumnado. CURSO 2019-20
Enviado por admin o Mér, 15/05/2019 - 03:19Premio en microrrelatos
Ania Ferreira Longueira ,alumna de 2º de bacharelato, acadou o primeiro premio do concurso de microrrelatos convocado por amnistia internacional de Vigo
|
||
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- seguinte ›
- última »