|
CIRCULAR INFORMATIVA
Debido aos acontecementos das últimas horas ínstase a ler a seguinte circular de carácter informativo.
Calendario de pendentes curso 2019-2020
As datas dos exames pendentes móstranse no documento adxunto.
Concurso de Programación: Felicitación de nadal
Na foto aparece o alumnado de Programación de 1º ESO que participou no concurso de Felicitación de Nadal, organizado polos departamentos de Tecnoloxía e o de Normalización Lingúística (e no fondo, a magnífica instalación de Nadal instalada polos mesmos departamentos e que está na entrada do IES). Se otorgoron varios premios e se nomeu gañador a Xoán Torres Boado de 1º ESO E, que realizou a seguinte felicitación coa que desexamos BO NADAL! a toda a comunidade educativa:
"+1: Sube de nivel": visita ao IES de Valadares do club de Xogos de mesa
O club de xogos de mesa "+1: Sube de nivel" organizou unha quedada lúdica co alumnado do IES de Valadares onde poideron intercambiar experiencias e coñecementos de xogos, e sobre todo socializar entre eles.
Queremos agradecer e felicitar ao IES de Valadares pola organización e trato recibido, e felicitalos pola súa magnífica biblioteca, todo un referente para outros centros.
AVISO sobre parotidite (paperas)
Debido á comunicación dalgún caso de paperas no centro, achégase o arquivo enviado polo servizo de Alertas Epidemiolóxicas onde aparecen unha serie de recomendacións a seguir.
Mozas e mozos cambiando estereotipos. Obradoiro de Igualdade
Os grupos de 1º de bacharelato realizarán en Outubro un obradoiro que ten por obxecto informar e sensibilizar ao alumnado sobre a violencia de xénero e previr a súas distintas manifestacións. Está organizado pola área de Igualdade do concello de Vigo e será impartido por Ianire Estévanez, psicóloga e cun master en intervención en violencia contra as mulleres, e cunha ampla experiencia que recolle na súa web.
No blog podes atopar moitos recursos para falar destes temas e un conxunto de cortos que podes ver nas aulas o na casa para reflexionar e debatir.
CALENDARIO DE ACTIVIDADES
Pode consultarse o calendario de actividades previstas do IES para familias e alumnado ao final desta páxina.
Fondo solidario de libros de texto: curso 2019-2020
Enviado por admin o Xov, 11/07/2019 - 06:25Fondo solidario de libros de texto: curso 2019-2020. Descargar AQUÍ
Concursos Programación
Na materia de Programación 1º ESO se realizaron 2 concursos para finalizar o curso dun xeito lúdico, un de Armagetron e outro de Pedra Papel Tesoira. Na foto podemos ver aos finalistas, 2 por cada clase.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- seguinte ›
- última »