|
Premio en microrrelatos
Ania Ferreira Longueira ,alumna de 2º de bacharelato, acadou o primeiro premio do concurso de microrrelatos convocado por amnistia internacional de Vigo
|
||
|
Masterclass Day of Women and Girls in Science
Lucía Alborja e Uxía Carrete , alumnas de 1º de bacharelato. participaron na Master Class Día da Muller na Ciencia da USC (xornada sobre física de particulas en colaboración co CERN)
Calendario de exames de pendentes
Aquí pode consultarse o calendario de exames de pendentes en formato PDF. Como norma xeral o alumnado con materias pendentes debe consultar co xefe de departamento as condicións da proba.
Nesta páxina atoparás distintos documentos e plans do noso instituto
INFORMACIÓN DA AXENCIA E PROCEDEMENTO PARA A RECLAMACIÓN DAS CANTIDADES PAGADAS DA VIAXE A PARÍS
Enviado por admin o Mér, 03/06/2020 - 10:27No seguinte PDF está a información facilitada pola Axencia de Viaxes Halcón co procedemento para a devolución do diñeiro pagado da viaxe a París do alumnado de 4º de ESO. Calquera dúbida ou aclaración podedes facela á dirección de correo que figura no escrito ou a viceboveda@gmail.com
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019
Enviado por admin o Mar, 16/04/2019 - 03:05Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
Acceder a toda a información premendo na seguinte ligazón.
Comando Igualdade e 8M
O Comandos Igualdade do centro animou a participar no 8M con un photocall e diversas actividades.
Poden verse fotos nesta ligazón ou neste album da web do IES.
Exposición Revista Teima
O departamento de Galego organizou unha exposición no IES da histórica revista Teima, un referente fundamental para entender o postfranquismo (anos 77-79) na Galiza.
Na web poden verse as revistas completas (35 números) en formato PDF entrando no apartado do departamento, nesta ligazón.
Roteiro por Coia na RTVG
O pasado sábado día 9 de Febreiro a RTVG emitiu no programa AQUÍ GALICIA un especial sobre o barrio de Coia. Nel recolleuse a actividade organizada dende hai anos polo profesorado dos departamentos de Xeografía e Historia, Tecnoloxía e Bioloxía: o Roteiro por Coia, un percorrido didáctico polo barrio.
O vídeo da RTVG pode verse nesta ligazón, a partir do minuto 25 e medio.
Concurso de Programación: Felicitación de Nadal
Os departamentos de Tecnoloxía e Normalización Lingüística organizaron o 1º concurso de Programación para alumnado de 1º ESO, que consistiu en crear con Scratch unha felicitación de Nadal en galego. Na foto vemos aos gañadores de cada clase xunto coa xefa de Estudos que entegou os premios.
Gañadora do concurso: Patricia Lorenzo (1º ESO D)
1º ESO A: Jimena López e Silvia Martínez. Mención ao esforzo: Iago Rodríguez.
1º ESO B: Sara López e Noa Groba.
1º ESO C: Marcos Vaqueiro. Mención ao esforzo: Anxo Reigosa.
1º ESO D: Pedro Conde. Mención ao esforzo: David Álvarez.
Premendo no nome pode accederse ao traballo d@s autor@s.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- seguinte ›
- última »