LIBROS DE TEXO PARA O CURSO 2021-22

A listaxe de libros por curso necesarios para o curso 2021-2022 atópanse neste  link.

CALENDARIO DE RECLAMACIÓNS NA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE 2º BACH

O calendario de reclamacións das cualificacións na convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato é como segue

HORARIO DE EXAMES DE 2º BACHARELATO NA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

O horario dos exames de 2º Bachararelato da convocatoria extraordinaria atópanse neste arquivo.

ROTEIRO POR COIA

Coma todos os cursos algunhas das clases do centro fixeron actividades relacionadas co ROTEIRO POR COIA, un proxecto dos departamentos de Ciencias Sociais e Tecnoloxía para implicar ao alumnado no coñecemento do presente e pasado do barrio, para que podan opinar críticamente no seu desenvolvemento futuro.

Este ano púsose énfase no tema dos coidados e nos da mobilidade urbana. Dende aquí recomendamos ás familias que paseen polo barrio e que descubran/valoren sitios semi-descoñecidos, que nalgúns casos son moi singulares e valiosos (como o Parque de A Bouza ou a igrexa Cristo da Victoria), e que sexan críticos coas políticas, obras ou os deseños mal planificados, ou que no respeten os principios de mobilidade social, urbanismo eco-feminista, protección e divulgación do patrimonio industrial, etc...

 

 

roteiro

SUBNORMAL: cómic contra o acoso escolar

subnormal

O departamento de Orientación organizou unha charla cos autores do cómic SUBNORMAL (ed. Panini): Fernando Llor e Miguel Porto. A ela asistiu o alumnado de mediación do centro e 2 clases de 4º que tiñan lido previamente a obra. Os autores expuseron o método de traballo e creación dun cómic, poñendo en valor este medio artístico. Dende aquí recomendamos ás familias que lean o cómic (podedes atopalo na biblioteca do IES) e falen na casa das conductas que levan a que vivamos esas situacións tan dramaticas en todos os centros escolares. Queremos lembrar que o departamento de orientación leva varios cursos preparando a alumnado mediador para resolver conflictos escolares, pero aínda queda moito traballo por facer.

autores

II Campionato Cubo Rubik IES ALEXANDRE BÓVEDA: os nosos campións

Na foto podedes ver os campións do II Campionato de Cubo de Rubik que organiza o departamento de Tecnoloxía.

Na categoría de 1º ESO resultaron gañadores: Alexander García (1º posto), André Avendaño (2º) e Nacho Nogueira (3º)

Na categoría cursos restantes resultaron gañadores: Alexandre Reboreda (1º posto), Hugo Puime (2º) e Iago Feijóo (3º)

Nunha rolda final entre campións quedou coma vencedor absoluto André Avendaño de 1º ESO.

Noraboa a todos e todas as concursantes, e agardamos que repitan participación no vindeiro curso.

cubo

LETRAS GALEGAS 2021: graffiti Xela Arias

O alumno de 1º Bacharelato B, Antonio Céspedes, realizou o graffiti que podedes ver na foto, e que estará exposto na entrada do IES para conmemorar o día das Letras Galegas adicado a Xela Arias. Neste IES estudou o seu fillo,Dario Gil Arias, ao que queremos saudar dende aquí.

grafiti

FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2021-2022

Segundo a Orde do 6 de maio de 2021 que regula o Fondo Solidario de libros de texto, o prazo de solicitude será desde o 21 de maio ata o 22 de xuño incluído.

Trofeo e mención do honra do xurado na olimpiada matemática galega para 2º ESO

Noraboa ao noso alumno Alejandro González Soage, de 2º ESO F, que acadou o trofeo e mención de honra do xurado na final da olimpiada matemática galega de 2º ESO.

PRAZOS DE RECLAMACIÓNS DE 2º BACHARELATO E PENDENTES DE 1º BACHARELATO.

Adxúntase no seguinte arquivo os prazos de reclamacións das calificaciones na convocatoria de Xuño.

Distribuir contido