Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Novas importantes

Solicitude becas alumnado Bacharelato

Xa está aberto o prazo para a solicitude de becas para o curso 2022-2023 se vas a estudar Bacharelato. Este ano adiantouse o prazo e deberás facer a solicitude antes do 12 de maio. Debedes solicitar a vosa beca dentro deste prazo, ainda que non saibades con certeza se vades a estudar ou non, en setembro poderedes facer as modificacións oportunas de ser o caso. Tes toda a información na web do ministerio de educación

 

Nota importante alumnos de 2º Bacharelato con materias pendentes de 1º Bacharelato

NOTA IMPORTANTE

Todos aqueles alumnos e alumnas de segundo de Bacharelato que teñan materias pendentes do primeiro curso e que queiran adiantar a avaliación para ter a opción de presentarse ás ABAU, deben comunicalo persoalmente en Secretaría. O prazo é ata o vindeiro 15 de Abril. Consulta a seguinte nota ou pídenos máis información se tes dúbidas.

Calendario exames finais de bacharelato

Fai clic na imaxe para consultar o documento

Terapia psicolóxica gratuíta incluída no seguro escolar

Terapia psicolóxica gratuíta incluída no seguro escolar

Trala pandemia e o confinamento, moitos de  nós podemos estar nun momento anímico difícil que poidera facer aconsellable acudir a un profesional da psiquiatría ou psicoloxía, cousa que na Seguridade Social ordinaria non está axeitadamente cuberta e que, de forma privada, non está ao alcance de tódolos bolsillos. Por iso, infórmovos que o seguro escolar permite acceder a terapia psicolóxica gratuíta. Nos seguintes enlaces atoparedes máis información sobre como solicitala:

Probas libres ESA 2022

Calendario de exames de bacharelato da segunda avaliación

Aquí tedes o calendario de exames de Bacharelato da segunda avaliación. Realizaranse do 22 ao 25 de febreiro.

 Fai clic sobre as imaxes para consultar a información en pdf.

 

Calendario exames finais da ESA e ESAD do primeiro cuadrimestre

Xa tedes publicado o calendario de exames finais do primeiro cuadrimestre tanto para a ESA como para ESAD

 No seguinte pdf poderás consultar a información

 

 

Matrícula segundo cuadrimestre

Xa temos aberto o prazo de matrícula do segundo cuadrimestre!!!

 No seguinte pdf poderás consultar todo a información relativa aos prazos de matrícula así como requisitos e documentación que deberás achegar para formalizar a túa matrícula.

 

 

Libros utilizados en bacharelato

  • Amosamos a listaxe dos libros utilizados en bacharelato no curso 2024/2025. [prema aquí]
  • Recoméndase, antes de mercar algún destes libros, falar previamente co profesorado encargado de impartir a materia.
  • Poden atopar máis información sobre o material utilizado nos diferentes ensinos, accedendo ao apartado correspondente en cada un dos departamentos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut