Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Saída cultural ESA quenda noite: Biblioteca Nós, Claustro e Cemiterio de Sán Francisco

Este pasado venres, 31 de maio, derradeiro día lectivo antes dos exames finais ordinarios, os tres grupos da ESA presencial da quenda da noite participaron nunha interesante actividade organizada polas súas tres titoras.

Consistiu na visita á Biblioteca pública do Estado de Ourense, "Biblioteca NÓS", onde nos recibiu e acompañou a propia directora, Rosa Díaz. Logo o técnico de arquivos, Francisco M. Sandoval ensinounos e explicounos a historia dun dos edificios históricos máis salientables da cidade, o actual Arquivo histórico provincial de Ourense, sito no antigo Convento de San Francisco, que foi logo tamén Cuartel de San Francisco. Tivemos a oportunidade de disfrutar tamén do magnífico claustro gótico, tesouro artístico da nosa cidade.

Finalmente, grazas a un dos nosos alumnos, Anderson Rafael Fernández, traballador no Cemiterio de San Francisco, tivemos o privilexio de entrar fóra do horario oficial da instalación e visitar e facer unha homenaxe a diferentes personalidades da cidade, cuxos restos repousan alí (Otero Pedraio, Olga Gallego, José Ángel Valente, Pura e Dora Vázquez, Cuevillas, Blanco Amor, entre outros), así como á "pobre Asunción" e o Memorial das persoas fusiladas no antigo Campo de Aragón.

   

Acompañáronnos na visita, ademais, outras compañeiras do centro EPAPU e algunha que outra invitada, ás que lles agradecemos a súa presenza.



blog | by Dr. Radut