Entrega premios III Certame Literario Loureiro
O pasado venres 10 de maio celebrouse a cerimonia de entrega de premios do III Certame Literario Loureiro organizado, un ano máis, pola Asociación Veciñal Loureiro do Couto e no que participa o alumnado dos centros escolares do barrio (IES O Couto, CEIP O Couto, Colexio Santo Ángel e EPAPU Ourense).
Como en anos anteriores alí estivemos, acompañando ao noso alumnado gañador e agradecendo o labor da asociación de veciños Loureiro. Nesta ocasión resultaron recoñecidos catro dos nosos alumnas e alumnos:
- Begoña Acebedo Carpintero gañadora na categoría de Bacharelato.
- José Luís Iglesias Pequeño gañador na categoría de 3°- 4° ESO.
- Paula Hernández García finalista da categoría de Bacharelato.
- Massiel Mejías finalista da categoría de 3°- 4° ESO.
Noraboa aos premiados!!! Moi orgullosos!!!