Tertulias literarias
Onte 17 de xaneiro un grupo de alumnos e alumnas de cuarto da ESA da quenda de Tarde e de primeiro curso de bacharelato, asistiron a unha tertulia literaria en galego sobre a obra "Golpes de Luz" de Ledicia Costas, xunto con outros centros educativos da cidade. A actividade foi todo un éxito contando cunha gran participación e debaténdose moitos temas.
O vindeiro 24 de xaneiro haberá un encontro coa autora no Liceo de Ourense ás 18:00 horas da tarde ao que esperamos poder acudir. Trátase dunha actividade moi motivadora para o alumnado e un xeito moi grato de animación á lectura. Por outra banda, o concello agasalla ao alumnado participante cun exemplar do libro, algo que tamén os motiva a participar. Esperamos seguir participando na vindeira tertulia, esta vez en castelán, que terá lugar no mes de abril.