Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Blogues

Exposición 8M: mulleres anónimas

O Equipo de Dinamización Da Lingua Galega do Epapu de Ourense conmemorou o pasado 8M cunha exposición para dar visibilidade a algunhas das moitas mulleres anónimas que loitaron e/ou loitan a cotío na súa vida para construír o cambio e axudar a mellorar as vidas de todas as mulleres.

Grazas a todas elas.

Visita ao claustro de San Francisco e teatro en Inglés

O martes 5 de marzo alumnado  de ESA, de Bacharelato e dos cursos de adultos acudiu ao Auditorio Municipal de Ourense para asistir á representación da obra de teatro en inglés "Three Stories of Scotland" da compañía Theatre4Schools, organizada polo Concello de Ourense.

Previamente visitaron a Escolma de Escultura e participaron nunha visita guiada ao Claustro de San Francisco.

Despois da representación, as persoas que non dispoñían de carnet de lector tiveron a oportunidade de obtelo na Biblioteca Pública Nós.

Obra de teatro: Os vellos non deben de namorarse

O vindeiro xoves 14 de marzo ás 20:00 horas no Teatro Principal de Ourense, todo o noso alumnado poderá asistir gratuitamente a representación da obra de teatro "Os vellos non deben de namorarse", un clásico do teatro galego de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, adaptado pola Agrupación Teatral SILVARDEIRAS de Allariz.

Se estades interesados en acudir, poñédevos en contacto co voso titor/a para inscribirvos antes do venres 8 de marzo.

Les Trois Mousquetaires: Teatro en francés para o noso alumnado

O alumnado dos cursos de iniciación, intermedio e avanzado de francés da EPA de Ourense, asistiron o pasado xoves 29 de febreiro á representación da obra de teatro “LES TROIS MOUSQUETAIRES”, adaptación e representación da compañía BHM Producciones, basada na novela de Alejandro Dumas.

Ao final da representación os actores mantiveron un pequeno coloquio hispano-francés co público.

 

 

 

 

Calendario exames bacharelato 2ª Avaliación

Xa dispoñible para a vosa consulta o calendario de exames de Bacharelato da segunda avaliación. As probas realizaranse desde o luns 26 ao xoves 29 de febreiro.

Fai clic sobre as imaxes para consultar a información en pdf.

 

Vémonos o xoves 15 de febreiro

Actividade de Contacontos en francés

O alumnado de francés de 4º ESA e 1º BAC así como os grupos iniciación, intermedio e avanzado de francés participaron activamente na actividade do Conta Contos Camerunés Samuel  Mountoumnjou organizada pola EPA.

Os alumnos e alumnas de francés demostraron o seu talento sobre as táboas cunha importante colaboración nos tres contos africanos que Samuel interpretou de xeito interactivo e a modo de fábula cómica.

 

Podedes observalo nos seguintes enlaces:

 

Clases culturais de inglés con Damien Sheeby

Esta tarde o alumnado de Bacharelato contou coa visita do teacher trainer Damien Sheeby para levar a cabo dúas clases culturais. 

O alumnado de 1º de Bacharelato coñeceu de primeira man tradicións e curiosidades do Reino Unido co “A trip to the UK”, mentres que o alumnado de 2º de Bacharelato investigou sobre as pegadas da cultura irlandesa nos EE.UU.

Calendario exames finais da ESA e ESAD do primeiro cuadrimestre

Xa tedes publicado o calendario de exames finais do primeiro cuadrimestre tanto para a ESA como para ESAD

 

 No seguinte pdf poderás consultar toda a información

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut