A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades organiza InnovArt'24: unha feira de ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas, que terá lugar os días 18 e 19 de abril no Museo Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, e na que participan as EOI de Galicia.
O horario de apertura, tanto o xoves 18 coma o venres 19, será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
No próximo dia 20 de abril, os prémios aRi[t]mar, da música e poesia galego-portuguesa, celebrarão uma reedição da sua gala de 2023 na cidade portuguesa de Braga.
Será no Auditório Espaço Vita ás 21.30 horas, com entrada gratuita até completar a capacidade.
A Speaking workshop for B2, C1, and C2 students, with Javier Cerdeira.
Would you like to develop your oral skills while having fun? Would you like to learn English by improvising scenes like in a theatre play? Come and play the improvisation game with us! No acting skills are required in this workshop. There will be no acting on stage or in front of other people. All speaking! All fun!
Wednesday, April 17th. 18.30-19.30. Salón de actos (Sección de Sar)
The session is limited to 25 people and will be filled on a first come, first served basis.
Please, sign up for the workshop as soon as possible.
Queres participar nunha visita organizada para o alumnado da nosa escola á Feira Innovart na Cidade da Cultura o vindeiro 19 de abril?
Que é Innovart?
Trátase dunha feira de promoción das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas de Galicia, organizada pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e que terá lugar os días 18 e 19 de abril na Cidade da Cultura de Galicia. O acceso é gratuíto e o horario de apertura será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.
Innovart 2024 inclúe actividades interactivas que requiren inscrición previa. Por iso, Imos ofertar prazas para os/as 30 alumnos/as que primeiro se inscriban completando este formulario antes das 23h de mañá, 4 de abril.
"Morena" (De Ninghures) e "Na Escola" (Os Quatro e Meia) gañan o premio aRi[t]mar ás Mellores Músicas do Ano na Galiza e en Portugal, nunha edición que establece un novo récord de participación ao achegarse aos 10.000 votos
Os Quatro e Meia De Ninghures
Alle eure Ostereier waren toll und wir haben uns sehr über eure Teilnahme gefreut.
Es war nicht einfach, zwei Gewinner zu wählen.
Herzlichen Glückwunsch!
En 1999 a UNESCO proclamou o 21 de marzo coma o Día Mundial da Poesía para celebrar unha das formas de arte e expresión humana máis valiosas.
E que mellor maneira de celebrar esta conmemoración que escoitando os poemas gañadores, galegos e portugueses, do noso aRi[t]mar galiza e portugal, desde a primeira edición no ano 2016 en adiante.
Feliz día!
Co fin de incentivar a aprendizaxe das linguas a través do cinema e de promover o intercambio entre ambas entidades, a entidade Numax e a nosa escola acordan que o alumnado con matrícula activa de calquera nivel e idioma da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela poida gozar de tarifa reducida en calquera das sesións da sala, nos seguintes termos:
Co gallo do Día de San Patricio, na sección de Ordes celebramos a cultura irlandesa con moitas actividades: photocall, música, baile, un quiz con premios e tarefas de lingua.
Estades convidados/as a un concerto didáctico de música clásica e contemporánea no que as pezas estarán interpretadas polo alumnado do Conservatorio Profesional de Música (CMUS) e presentadas en inglés polo noso alumnado.
Xoves, 21 de marzo ás 19h no salón de actos do CMUS de Santiago
Xa está dispoñible o programa.
Agardámosvos!