Estudos ofertados no centro

1. Cursos ordinarios

A EOI de Santiago de Compostela ofrece cursos ordinarios de alemán, español, francés, galego, inglés, italiano e portugués, estruturados segundo os as niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2 establecidos polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). A duración total dos estudos varía dependendo do idioma. 

O plan de estudos de alemán articúlase en 8 cursos. 

a) Nivel básico A1 e A2: dous cursos, A1 (nivel A1 do MCERL) e A2 (nivel A2 do MECRL).

b) Nivel intermedio B1: dous cursos, B1.1 e B1.2 (nivel B1 do MECRL).

c) Nivel intermedio B2: un curso, B2 (nivel B2 do MECRL).

d) Nivel avanzado C1: dous cursos, C1.1 e C.1.2 (nivel C1 do MECRL).

e) Nivel avanzado C2: un curso. C2 (nivel C2 do MECRL).

 O plan de estudos de español, galego e portugués articúlase en 5 cursos.

a) Nivel básico A2: un curso, A2 (nivel A2 do MCERL).

b) Nivel intermedio B1: un curso, B1 (nivel B1 do MECRL).

c) Nivel intermedio B2: un curso, B2 (nivel B2 do MECRL).

d) Nivel avanzado C1: un curso, C1 (nivel C1 do MECRL).

e) Nivel avanzado C2: un curso, C2 (nivel C2 do MECRL).

 O plan de estudos de inglés, francés e italiano articúlase en 7 ou 8 cursos. 

a) Nivel básico A1 e A2: un curso, A2 (nivel A2 do MCERL) ou dous cursos, A1 e A2 (nivel A2 do MCERL).

b) Nivel intermedio B1: un curso, B1 (nivel B1 do MECRL).

c) Nivel intermedio B2: dous cursos, B2.1 e B2.2 (nivel B2 do MECRL).

d) Nivel avanzado C1: dous cursos,  C1.1 e C.1.2 (nivel C1 do MECRL).

e) Nivel avanzado C2: un curso,  C2 (nivel C2 do MECRL).

 Ao rematar cada nivel o alumnado obtén o certificado correspondente:

  • Nivel básico: certificado de nivel básico (A2).
  • Nivel intermedio B1: certificado de nivel intermedio (B1).
  • Nivel intermedio B2: certificado de nivel intermedio (B2).
  • Nivel avanzado C1: certificado de nivel avanzado (C1).
  • Nivel avanzado C2: certificado de nivel avanzado (C2).

O alumnado que aprobe unha ou varias destrezas pode solicitar un certificado que o acredite.

Os cursos ordinarios poden ser:

  • anuais: 120 horas de duración, de setembro a xuño, repartidas con caracter xeral en dúas sesións semanais de 2 horas.
  • intensivos: 120 horas de duración, de setembro a febreiro ou de febreiro a xuño. Teñen 8 horas de clase semanais e permiten completar dous cursos dun mesmo nivel nun curso académico, xa que o alumnado que supera o curso do 1º cuadrimestre ten preferencia á hora de se matricular no curso do 2º cuadrimestre (esta modalidade só está dispoñible para algúns idiomas e niveis)
  • de nivel integrado (só no caso de español, galego e portugués): 120 horas de duración, de setembro a xuño, repartidas en dúas sesións semanais de 2 horas. Nestes cursos impártense os contidos correspondentes a un dos niveis A2, B1, C1 e C2 do MECRL nun curso académico. 

2. Cursos de actualización e especialización para o profesorado

Son cursos organizados en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). A oferta de cursos varía dependendo da lingua. Ofrécense:

Cursos de actualización lingüística e comunicativa de galego (CALG)

De  60 horas de duración, no segundo cuadrimestre, de nivel C2.

Cursos de actualización lingüística e comunicativa de francés e inglés (CALC)

De  60 horas de duración, no segundo cuadrimestre, de nivel B1, B2 e C1.

Outros cursos de formación en idiomas

De nivel básico, intermedio e avanzado. Cada nivel estrutúrase en un ou máis módulos de 30 horas.

O alumnado que asiste ao 85% do curso obtén un certificado de asistencia ou aproveitamento, e pode matricularse nos exames libres sempre e cando cumpra os requisitos para facelo.

Que un alumno estea matriculado nun curso de actualización e pefeccionamento non implica que teña prioridade para matricularse no curso seguinte como alumnado  oficial nun curso ordinario, polo que terá que seguir o procedemento de matrícula para alumnado novo.

Estar matriculado nun curso de actualización e pefeccionamento é compatible con estar matriculado nun curso ordinario do mesmo idioma. Pódese obter máis información sobre estes cursos no CAFI.

Cursos de formación en inglés ou francés para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado

Dentro da Fase A do Programa integral de aprendizaxe das linguas estranxeiras (PIALE), (75 horas). Máis información aquí.

3. Cursos para actualizar e refrescar o coñecemento da lingua, para colectivos profesionais e público en xeral.

Na EOI de Santiago ofrécense cursos de actualización e especialización dirixidos a distintos colectivos profesionais e tamén ao público en xeral.

A oferta de cursos inclúe cursos centrados na práctica de diferentes actividades de lingua de diferentes idiomas e niveis, e tamén cursos presenciais e semipresenciais. Hai cursos anuais (120 h) e cuadrimestrais (60 h).

Cursos para actualizar e refrescar o coñecemento da lingua

Son cursos de 60 ou 120 horas, centrados na práctica de diferentes actividades de lingua (ler, falar, escribir, escoitar), sen exame final. 

Cursos para colectivos profesionais

Os cursos dirixidos a distintos colectivos profesionais  (60 ou 120 horas) permiten senvolver a competencia nunha ou en varias actividades lingüísticas aplicadas a campos ou perfís profesionais concretos (xornalistas, audiovisual, sanitarios, hostelería...)

Cursos de preparación de probas de certificación 

De 60 horas de duración, no primeiro cuadrimestre, de nivel B1, B2 e C1.

Están destinaos a persoas que queren recibir unha preparación específica para preparar as probas oficiais de certificación.

Cursos monográficos de galego

Organizados en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística: Hai cursos de linguaxe administrativa galega de niveis medio e superior, de 75 horas de duración, dirixidos a funcionariado e tamén cursos de 60 horas de duración preparatorios para examinarse dos certificados de lingua galega (CELGA). Consulte a oferta actual aquí.

 

4. Cursos semipresenciais.

O departamento de francés oferta cursos semipresenciais de nivel B1, e o departamento de inglés, cursos semipresenciais de nivel B2.1, B2.2, C1.1, C1.2 e C2. A metade da docencia impártese nunha única sesión presencial á semana, que se dedica principalmente a traballar a produción e mediación orais. A outra metade da carga lectiva desenvólvese nunha aula virtual, na que o alumnado traballa as distintas actividades de lingua de maneira autónoma co apoio e orientación do profesorado. 

Esta modalidade de docencia require por parte do alumnado certo grao de autonomía como aprendiz de linguas, así como coñecementos básicos de informática para desenvolverse nunha contorna de ensino virtual. O único equipamento necesario é un ordenador con conexión a internet. Máis información aquí.

Ademais, a EOI de Santiago é centro de apoio titorial do programa That’s English, que permite estudar inglés a distancia. Máis información aquí.

 

5. Alumnado libre.

Cada ano ábrese un período de matrícula para as persoas que queren obter os certificados da EOI examinándose por libre (sen dereito a asistir ás clases). O alumnado libre pode matricularse nos niveis A2, B1, B2 e C1 das probas de certificación. As datas da matrícula libre publícanse nesta páxina web. Máis info aquí.