O alumnado que non se incorpore ao curso nos primeiros 10 días lectivos sen xustificación documentada perderá a condición de alumno/a oficial e a escola poderá dispoñer da súa praza.
Póñase en contacto co seu profesor/a, que lle indicará a maneira de xustificar a falta. Consulte o enderezo electrónico de contacto do seu profesor/a no apartado do idioma correspondente desta web.
O alumnado oficial ten o deber de asistir regularmente a clase. Faise un control de asistencia diario.
Entrando na súa sesión de CentrosNet.
Si, por faltar a clase non perde o dereito a examinarse na convocatoria ordinaria nen na extraordinaria.
O alumnado só pode asisitir a clase no grupo no que está matriculado.
No mes de outubro ábrese un prazo para solicitar o cambio a un grupo noutro horario diferente e o cambio de centro (entre Vite e as seccións).
Nos cursos de nivel A1 e A2, os exames constan de catro partes: comprensión de textos escritos, produción, coprodución e mediación escrita, comprensión de textos orais, e produción, coprodución e mediación oral.
Nos demais cursos e niveis ((B1.1, B1.2/B1, B2.1, B2.2/B, C1.1/C1.2 e C2), os exames constan de cinco partes: comprensión de textos escritos, produción e coprodución de textos escritos, comprensión de textos orais, produción, coprodución de textos orais e mediación.
En calquera caso, o seu profesor/a facilitaralle información sobre a avaliación a principios de curso. Pode tamén consultar o proxecto didáctico do departamento correspondente.
O alumnado libre ten ao seu dispor as guías da persoa candidata, onde se explica o nivel que se esixe, os dereitos e obrigas do/a candidato/a, e as partes do exame. Estas guías son útiles tamén para o alumnado oficial dos cursos pares, que se presenta á proba de certificación ao rematar o curso.
Tamén pode consultar aquí modelos das probas.
As datas das probas son inamovibles. O alumnado oficial que non pode facer a parte escrita na convocatoria ordinaria, pode presentarse á dita parte na convocatoria extraordinaria.
A proba oral só se podería cambiar se o departamento (ou a sección, no caso do alumnado matriculado en Negreira, Noia, Ordes, Ribeira ou Sar) ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data, e sempre que se xustifique a necesidade do cambio documentalmente.
O alumnado oficial que non pode facer a parte escrita na convocatoria extraordinaria deberá matricularse de novo cando remate o curso.
A proba oral só se podería cambiar se o departamento (ou a sección, no caso do alumnado matriculado en Negreira, Noia, Ordes, Ribeira ou Sar) ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data, e sempre que se xustifique a necesidade do cambio documentalmente.
Na súa sesión de CentrosNet, á que accede coas claves que se lle deron ao matricularse.
Nos cursos de nivel A1 e A2 hai que ter como mínimo 15 puntos en cada unha das catro actividades de lingua. A proba final ten un valor de 100 puntos e cada unha das súas catro partes ten un valor de 25 puntos.
Nos demais cursos e niveis (B1.1, B1.2/B1, B2.1, B2.2/B, C1.1/C1.2 e C2) hai que ter, polo menos, 12,5 puntos en cada unha das actividades de lingua, e unha puntuación mínima do 65% do total da proba (81,25/125). A proba final ten un valor de 125 puntos e cada unha das súas cinco partes ten un valor de 25 puntos.
Máis información sobre o sistema de avaliación
Nos cursos de nivel A1 e A2, na convocatoria extraordinaria só tes que facer as partes nas que teñas menos de 15 puntos.
Nos demais cursos e niveis (B1.1, B1.2/B1, B2.1, B2.2/B, C1.1/C1.2 e C2), TES que facer as partes nas que teñas menos de 12,5 puntos. NON PODES presentarTe ás partes nas que tes 16,25 puntos ou máis. Nas partes nas que teñas unha puntuación IGUAL ou SUPERIOR a 12,5 e INFERIOR a 16,25 puntos, PODES ESCOLLER ás que presentarTe para obter a nota global de 81,25 puntos necesaria para aprobar.
Máis información sobre o sistema de avaliación
Si. Consulte a data e hora de revisión no calendario Google. Se non pode acudir ao centro na data fixada, deberá presentar xustificación documental da causa que llo impide e solicitar unha cita co seu profesor/a ou, no caso do alumnado libre, coa xefatura do departamento correspondente.
Pode presentar unha reclamación perante a dirección do centro nos tres días habiles posteriores á publicación oficial das notas. A data da publicación oficial das notas pode consultalas aquí.