Sobre a oferta educativa

 

Que idiomas podo estudar na EOI de Santiago? Que niveis?

A EOI de Santiago de Compostela ofrece cursos ordinarios de alemán, español, francés, galego, inglés, italiano e portugués, estruturados segundo os as niveis A1, A2, B1, B2, C1 e C2 establecidos polo Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL). A duración total dos estudos varía dependendo do idioma. 

Aquí tes información máis completa sobre a oferta educativa deste centro.

Que idiomas podo estudar nas seccións da EOI de Santiago?

Na sección de Negreira: inglés
Na sección de Noia: inglés e francés
Na sección de Ordes: inglés 
Na sección de Ribeira: inglés 
Na sección de Sar: inglés 

Que diferencia hai entre modalidade oficial e modalidade libre?

Por modalidade oficial enténdense os cursos ordinarios nos que o alumnado cursa de xeito presencial, é decir, asiste a clase. En modalidade libre inclúese ao alumnado que só se matricula para facer as probas de certificación (dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2).

Canto dura un curso?

A maioría dos cursos oficiais da nosa EOI son cursos ordinarios que comezan en setembro e rematan en xuño, e dura 120 horas impartidas en 2 sesións semanais de 120 min. cada unha. Tamén hai cursos intensivos, que concentran as 120 horas en 4 meses (setembro-xaneiro e febreiro-xuño) a razón de 8 horas semanais de clase.

Que é o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL)? En que me afecta?

O MCERL é un documento marco publicado polo Consello de Europa en 2001 que pretende establecer unha descripción dos niveis de competenencia nunha lingua estranxeira que sirva de referencia para toda Europa. Desde a súa publicación, o MCERL converteuse na referencia indiscutible na aprendizaxe e ensino de linguas estranxeiras incluso fóra do ámbito europeo, e a maioría das institucións que certifican a competencia en linguas -como as EOI- refiren as súas titulacións a este documento.

Cal é a equivalencia entre o antigo plan de estudos e o actual?

O Real Decreto 1629/2006 e o Decreto 191/2007 establecen a equivalencia a efectos académicos entre os estudos do plan antigo (anterior ao Marco Europeo de Referencia para as Linguas) e o novo plan:

 

Estudos superados* Curso ao que accede no plan 2018
Plan 1988 Plan 2007 Alemán Inglés, Francés e Italiano

Galego, Portugués

e Español LE

1º curso Básico 1 Básico A2 Básico A2 ou Básico A1-A2 Básico A2
2º curso

Básico 2

Certificado Nivel Básico (A2)

Intermedio B1.1 Intermedio B1 Intermedio B1
-- Intermedio 1 Intermedio B1.2 Intermedio B2.1 Intermedio B2

3º curso

Ciclo Elemental

Intermedio 2

Certificado de Nivel intermedio (B1)

Intermedio B2 Intermedio B2.2
Avanzado 1 Avanzado C1.1 Avanzado C1.1 Avanzado C1

5º curso

Ciclo Superior

Avanzado 2

Certificado de Nivel Avanzado (B2)

Avanzado C1.2 Avanzado C1.2
-- C1 C2 Avanzado C2 Avanzado C2
*Os mesmos estudos non superados darán acceso ao curso inmediatamente anterior ao indicado na táboa.

 Importante: non é posible matricularse no plan novo se xa tes superado o curso ou nivel equivalente no plan antigo.

Que validez teñen os certificados das EOI?

Os certificados das EOI acreditan a competencia lingüística nos diferentes niveis do MECRL, habilitan a diplomados e licenciados para o ensino de idiomas, son recoñecidos como méritos en oposicións e concursos da administración pública e valídanse por créditos de libre configuración en universidades.

Onde podo obter información sobre os obxectivos e contidos do curso?

Pregunte ao seu profesor ou consulte a programación didáctica do departamento correspondente.

Cantas veces podo repetir curso? Cantos veces podo cursar o mesmo nivel?

O alumnado oficial poderá permanecer en cada un dos niveis o dobre de anos establecidos para cada un deles. Logo de esgotadas as convocatorias o alumnado non poderá cursar as ensinanzas en réxime presencial, pero sí pode matricularse por libre.
Exemplo: poderanse completar os dous cursos do nivel C1 (C1.1 e C1.2) das seguintes maneiras:

Empregando 3 anos para C1.1 e 1 ano para C1.2.
Empregando 2 anos para C1.1 e 2 anos para C1.2.
Empregando 1 ano para C1.1 e 3 anos para C1.2.