Descrición:
Postcrossing at EOI Santiago Sar é un proxecto de centro no que participan profesores e alumnos de todos os niveis en distintos tipos de tarefas. O obxectivo último do proxecto é INTERCAMBIAR TARXETAS POSTAIS EN INGLÉS con persoas de calquera punto do planeta empregando a dirección postal do centro e unha conta colectiva no sitio web Postcrossing.com.
Este intercambio difundirase na rede a través dun blog específico para o proxecto:
http://postcrossingateoisantiagosar.blogspot.com.es/
Obxectivos:
- Mellorar as destrezas de produción e comprensión escrita
- Potenciar as estratexias de busca, selección e uso de información na rede.
- Reflexionar sobre o valor do inglés como lingua internacional.
- Ampliar os coñecementos de xeografía física e política dun xeito motivador e auténtico.
- Ampliar a competencia cultural e fomentar o respecto pola diferencia ao tempo que se investiga sobre a vida e tradicións nos lugares de procedenciados destinatarios e remitentes das tarxetas postais.
- Dar a coñecer a escola de idiomas e Santiago de Compostela ao mundo
- Valorar o patrimonio cultural e natural de Santiago de Compostela e arredores.
Procedemento:
- Os profesores participantes son os encargados de xestionar a conta no sitio web Postcrossing (que proporciona direccións postais reais ao chou) e de xestionar o blog do proxecto.
- Por turnos, de forma individual ou en parellas, alumnos de diferentes clases faranse cargo de:
- Escribir a man unha tarxeta postal a un destino indicado polo profesor.
- Investigar sobre o destino e redactar un texto descritivo sobre o mesmo que será publicado no blog, na sección EXPLORING THE WORLD.
- Redactar un parágrafo sobre o lugar de Santiago que figure na tarxeta postal a enviar e que será publicado na sección DISCOVER SANTIAGO DE COMPOSTELA.
- Mercar e traer un selo para enviar a postal (Europa: 0,90; fóra de Europa: 1,00).
- Cada vez que se envíe ou se reciba unha tarxeta postal, publicaremos unha entrada no blog e a amosaremos aos alumnos na aula para potenciar a implicación no proxecto.
- Integraremos neste proxecto unha tarefa coordinada por Diana Pastoriza: a creación e envío en cadea de “Travelling Notebooks”: http://palabrasdamanaocorazon.blogspot.com.es/2015/09/libretas-viaxeiras-que-son.html
- Dependendo da implicación do alumnado e do desenvolvemento do proxecto, organizaremos unha exposición coas tarxetas recibidas (data aproximada: abril de 2016).