ATENCIÓN! Cambio de data e aula: mércores 19 de novembro de 2014, ás 19.30, na aula 13.
Participa na videoconferencia co director de A esmorga e descubre como se cociñou este filme que se vai estrear o 21 de novembro en todas as salas de cinema galegas e que vai dar moito que falar!
Non todos os días podemos falar cun coñecido director dun filme que promete ser a revelación da temporada para preguntarlle todo o que queiramos sobre a elaboración do guión, o financiamento, a rodaxe…
Ignacio Vilar é coñecido por outras películas, como Vilamor (2011) ou Un bosque de música (2004).
A novela de Eduardo Blanco-Amor que lle serve de base á película considérase unha das obras máis importantes da literatura galega, canda Memorias dun neno labrego e Cousas.
Data e lugar: O mércores 19 de novembro de 2014, ás 19.30, na aula 13.
Organiza: departamento de galego e EDLG