Cantos xornais dixitais en galego se poden atopar hoxe en día? Cantos quedan en papel? Hai algún todo el en galego? E cal é a situación da radio e da TV? Ven á mesa redonda se queres saber máis deste tema!
Unha actividade imprescindible para coñecer de primeira man a situación actual dos medios de comunicación galegos, a través das variadas perspectivas das persoas participantes, todas elas profesionais do sector.
Participan Olalla Rodís (Sermos Galiza), Xurxo Salgado (Galicia confidencial), Ubaldo Cerqueiro (Que pasa na Costa), Raul Rios (Novas da Galiza) e Aurélio Lopes (moderador, Irmandade TV).
Data, hora e lugar: 13 de novembro de 2014, ás 18:30, no salón de actos da EOI de Santiago de Compostela.
Organiza: Departamento de galego e EDNL