O día 26 de setembro, por iniciativa do Consello de Europa, celébrase todos os anos o Día Europeo das Linguas, para "celebrar a diversidade da riqueza lingüística europea, que ten de ser preservada e reforzada". A día de hoxe, en Europa fálanse máis de 200 linguas!
Na páxina web do Consello de Europa dedicada á celebración deste día pódense atopar multitude de recursos e materiais para celebrar esta rica herdanza cultural do noso continente.