Axudantes Grundtvig

No curso 2011-2012 contamos con dúas axudantes Grundtvig no centro: unha de Portugal e outra de Italia. Dentro desta acción, futuros formadores doutros países colaboran co centro de acollida para investigar e adquirir novas competencias no eido da educación de persoas adultas, o que supón unha experiencia moi enriquecedora para o alumnado e o profesorado do centro.