Información sobre as taxas: custo, exencións e procedemento para pagar

As taxas das EOI de Galicia están reguladas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17/06).

A matrícula para un ano de estudos dun só idioma nas EOI de Galicia custa entre 0 e 127 €, dependendo do tipo de alumnado e das exencións ás que poida ter dereito.

Acceda a estas ligazóns para ver:

Desglose dos conceptos a aboar:

  • Apertura de expediente: 22,00 € (só alumnado que se matricula por 1ª vez nunha EOI de Galicia)
  • Servizos xerais: 13,00 € (só alumnado oficial)
  • Matrícula por cada idioma e réxime oficial: 92,00 
  • Matrícula por cada idioma en réxime libre: 46 €
  • Inscrición na proba de clasificación: 17 € por idioma.
  • Cursos de actualización e especialización para o público en xeral (monográficos): 1,5 €/hora (curso de 30 h: 45 €; curso de 60 h: 90 €, curso de 120 h: 180 €; ademais os conceptos de apertura de expediente e/ou servizos xerais, no seu caso).

Exencións:

  • Familia numerosa de categoría xeral: exención do 50% do importe total.
  • Familias numerosas de categoría especial: exención do 100%.
  • Funcionarios/as dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio. de educación (BOE do 04/05): exención das taxas de matrícula, únicamente nas materias de nova matriculación.
  • As persoas cun grao de discapacidade acreditable igual ou superior ao 33%: exención do 100%.
  • As vítimas de actos terroristas, así como os seus cónxuxes e fillos: exención do 100%.
  • As vítimas de violencia de xénero, así como os/as seus fillos/as: exención do 100%.

Importante: en todos os casos deberase acreditar documentalmente (con copia e orixinal) o dereito ás exencións.

Pago aprazado

A modalidade oficial permite fraccionar e aprazar as contías referidas exclusivamente ao concepto de matrícula: o 50% no momento da matrícula e o resto antes do 31 de xaneiro (antes do 31 de novembro no caso dos cursos intensivos cuadrimestrais). Para esta modalidade de pago é preciso entregar comprobante da conta bancaria onde conste o IBAN (certificado, recibo...).

O feito de fraccionar o pagamento non exime de pagar a totalidade da matrícula (nin sequera en caso de renuncia voluntaria ou abandono dos estudos). 

A modalidade libre non permite o aprazamento do pago.

Exemplos de taxas:

MODALIDADE OFICIAL

1 idioma

e/ou nivel

2 idiomas

e/ou niveis

3 idiomas

e/ou niveis

Proba de

clasificación

Tipo de alumnado
Alumnado ordinario novo (1)
127 219 311 17,00
Alumnado ordinario antigo (1)
105 197 289 17,00
Familia numerosa xeral novo (1)
63,50 109,50 155,50 8,50
Familia numerosa xeral antigo (1)
52,50 98,50 144,50 8,50
Familia numerosa especial
0 0 0 0
Minusvalías, outros 0 0 0 0
Funcionarios docentes (novos) (1,2)  35 35 35 0
Funcionarios docentes (antigos) (1,2)
13 13 13 0
  1. Por "novo" enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia; por "antigo" enténdese o alumnado que xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia.
  2. A exención só se aplica na primeira matrícula para cada idioma e/ou nivel; aplícase a funcionarios docentes dos corpos establecidos na Lei 2/2006. 

 

MODALIDADE LIBRE

1 idioma 

e/ou nivel

2 idiomas

e/ou niveis

3 idiomas

e/ou niveis

Tipo de alumnado
Alumnado ordinario novo (1)
68 114 160
Alumnado ordinario antigo (1)
46 92 138
Familia numerosa xeral novo (1)
34 57 80
Familia numerosa xeral antigo (1)
23 46 69
Familia numerosa especial
0 0 0
Minusvalías, outros 0 0 0
Funcionarios docentes (novos) (1,2)  22 22 22
Funcionarios docentes (antigo) (1,2)
0 0 0
  1. Por "novo" enténdese o alumnado que se matricula por primeira vez nunha EOI de Galicia; por "antigo" enténdese o alumnado que xa estivo algunha vez matriculado nunha EOI de Galicia.
  2. A exención só se aplica na primeira matrícula para cada idioma e/ou nivel; aplícase a funcionarios docentes dos corpos establecidos na Lei 2/2006.

  

Procedemento para aboar as taxas

Pode efectuar o pagamento de dous xeitos diferentes:

NAS ENTIDADES BANCARIAS:

  1. Retire o impreso de liquidación de taxas na conserxaría do centro e cúbrao consignando os seus datos persoais e os códigos de tramitación* (tamén pode xenerar un impreso estándar Modelo A, picar en "Descargar modelo en branco"):
    *CÓDIGOS DE TRAMITACIÓN
    Consellería de Cultura, Educación e O.U. 07
    Delegación da Coruña 10
    Servizo: Ensino Medio 03
    Taxa: Escolas Oficiais de Idiomas 350800
  2. Consigne nos impresos o importe da matrícula que ten que pagar.
  3. Efectúe presencialmente o ingreso do importe en calquera das entidades bancarias que figuran ao pé da folla de liquidación.
  4. Achegue copia do resgardo que lle devolva o banco á secretaría do centro segundo o procedemento establecido xunto coa demais documentación de matrícula. Aquí pode consultar o horario da secretaría do centro.

POR INTERNET:

  1. Acceda á Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia nesta ligazón, e siga a ruta: Cidadáns > Pago de taxas e prezos > Iniciar taxas (cadeado aberto) > Iniciar taxa (botón azul). Consigne os seus datos persoais e os códigos de tramitación* e dea a orde de pago. Asegúrese de que o importe é o correcto e non deixe de consignar un enderezo de correo electrónico.
  2. A aplicación deberálle xerar un xustificante de pago (modelo 730, como este), no que conste un código seguro de verificación (CSV), composto de 16 caracteres alfanuméricos. Teña coidado, porque a aplicación de pagamento xenera primeiro un  "Recibo de pago con tarxeta" que non é válido (como este). No caso de que deba retomar a operación, a aplicación xeraralle un código de verificación CSV que envía ao seu correo electrónico. Debe acceder de novo á Oficina virtual tributaria: Cidadáns > Pago de taaxas e prezos > Operacións realizadas (cadeado aberto)
  3. Achegue copia deste modelo á secretaría do centro segundo o procedemento establecido xunto coa demais documentación de matrícula. Posteriormente, a secretaría do centro contrastará os datos do pagamento.
  4. Aquí ten unha guía completa do procedemento de pago telemático.