Concerto didáctico de Nadal co grupo galego Ailá

Ailá

Non perdas a oportunidade de participar no concerto didáctico de Nadal a cargo do grupo galego Ailá, un cuarteto cuxo traballo se basea nos cantos de transmisión oral.

Poderás aprender sobre as orixes e significado de cinco cancións traidicionais incluídas no seu álbum Ailá de Nadal. Pica aquí para descargar o folleto que empregaremos no evento e aquí para saber máis sobre o álbum.

20 de decembro ás 20h no salón de actos

Organiza o Departamento de Galego