Gala aRi[t]mar galiza e portugal da música e da poesía

Ven vivir a maxia da Gala dos premios aRi[t]mar galiza e portugal da música e da poesía! Xoves 15 de decembro ás 20:30 h no Teatro Principal de Santiago de Compostela

Coa actuación de Catuxa Salom e a participación especial d'A Garota Não, Nabiza Girl e Fran Rei. Coa presenza de Lúa Mosquetera, Wilma Vieira e Ponte... nas Ondas!

Entradas de balde en www.compostelacultura.gal a partir das 11:00 h do día 13 de decembro. Descarga aquí o programa do acto.