Información sobre o sistema de cualificación

Consulta a información completa sobre a avaliación e características das probas de promoción e certificación dos diferentes cursos e niveis premendo nesta ligazón.

 

Preguntas frecuentes

Se obteño unha nota global superior a 81,25 puntos, significa iso que conseguiría unha cualificación de APTO?

Nos niveis B1, B2, C1 e C2, ademáis de obter unha nota IGUAL ou SUPERIOR a 81,25 puntos, cómpre acadares un mínimo de 12,5 puntos en cada unha das actividades de lingua. Ambos os dous requisitos son indispensables.

Se supero todas as destrezas con 12,5 puntos ou máis, significa iso que tería unha cualificación de APTO?

Nos niveis A1 e A2, para obteres a cualificación de APTO abonda con acadar unha nota IGUAL ou SUPERIOR a 15 puntos en cada unha das actividades de lingua.

Nos niveis B1, B2, C1 e C2, ademáis de acadar un mínimo de 12,5 puntos en cada unha das actividades de lingua, cómpre obteres unha nota global IGUAL ou SUPERIOR a 81,25 puntos. Ambos os dous requisitos son indispensables.

Se obteño NON APTO na convocatoria ordinaria, que partes teño que facer na convocatoria extraordinaria? 

Nos niveis A1 e A2:

  • TES QUE FACER as partes nas que obtiveches menos de 15 puntos.

Nos niveis B1, B2, C1 e C2:

  • TES QUE FACER as partes nas que obtiveches menos de 12,5 puntos.
  • NON PODES presentarte ás partes nas que obtiveches 16,25 puntos ou máis.
  • PODES ESCOLLER presentarte para subir nota nas partes nas que teñas unha puntuación IGUAL ou SUPERIOR a 12,5 e INFERIOR a 16,25 puntos, para obteres a nota global de 81,25 puntos.

Que pasa se me presento para subir nota e obteño un resultado inferior?

Neste caso, se a cualificación obtida na convocatoria ordinaria é superior á que se obteña na extraordinaria, manterase a cualificación máis alta para o cálculo da nota final.

Se repito curso, gárdanseme as notas das destrezas superadas dun ano para outro?

Non. En todos os cursos e niveis, o alumnado que non promocione deberá repetir curso e ser avaliado de novo de todas as actividades de lingua.