St Patrick's Day Quiz

Questions and answers about St Patrick's Day for A1 and A2 students.

Obxectivo principal: achegar ao alumnado dos cursos básicos a celebración do St Patrick’s Day.

Participación:

Pode participar todo o alumnado matriculado na EOI de Santiago de Compostela nos niveis A1 e A2. Convidamos ao alumnado das seccións a que se achegue a participar!

Dende o luns 11 de marzo haberá 10 preguntas repartidas por todo o edificio da EOI en Vite (corredores, entrada, biblioteca, sala de lectura).

O alumnado non fará marcas nin escribirá nas preguntas impresas. 

As respostas se enviarán completando este formulario online, que estará dispoñible o xoves 14 de marzo a partires das 17:30h.

Persoas gañadoras:

As cinco primeiras persoas participantes que contesten correctamente a todas as preguntas a través do formulario online serán as gañadoras.

Os nomes e apelidos do alumnado gañador publicaranse na páxina web da escola e na cortiza de Actividades Culturais do Departamento de Inglés o venres 15 de marzo ás 12:00h.

Check the key to our St Patrick's quiz and the winners here!! Comproba aquí as respostas ao quiz de St Patrick e os gañadores!!

Os premios consistirán en libros de lectura adaptados. O alumnado gañador recibirá o premio na súa aula.

Actividade organizada polo departamento de inglés.