Matrícula oficial: consideracións previas

Se quere matricularse na EOI de Santiago de Compostela debe ter en conta o seguinte:

  • para acceder aos estudos das EOI deberá cumprir os requisitos de idade das EOI (16 anos cumplidos no ano natural de comezo dos estudos para calquera idioma; 14 anos para un idioma diferente ao cursado como 1ª lingua na ESO)
  • non é preciso comezar os estudos desde o 1º curso do itinerario (Básico A1 ou Básico A2): hai establecidas vías de acceso para ingresar nun curso máis adiantado
  • a EOI de Santiago de Compostela ofrece cursos de 7 idiomas diferentes (alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, e portugués), organizados en 7 cursos e 4 niveis, en 6 localizacións distintas (para francés e inglés)
  • como as prazas dispoñibles son menos que as persoas solicitantes, o alumnado de novo ingreso precisa preinscribirse e esperar unha adxudicación de prazas antes de poderse matricular; teña en conta que os prazos de preinscrición e matrícula varían segundo o curso ao que accede
  • só está permitido preinscribirse nun máximo de dous idiomas; se vai cursar máis dun idioma, teña en conta que os horarios deben ser compatibles
  • para matricularse deberá estar en posesión do DNI ou NIE (non é válido o pasaporte)
  • as datas de realización das probas finais poderán ser en días e horas diferentes aos horarios ordinarios das clases do curso no que se matricula; ademais, na convocatoria de setembro poderán coincidir as probas de distintos idiomas na mesma data e hora

A matrícula oficial está regulada pola circular de matrícula