Matrícula oficial: documentación

Para formalizar a súa matrícula todo o alumnado deberá achegar a documentación de matrícula segundo o procedemento establecido e no prazo fixado.

A documentacón requerida é:

  • comprobante bancario ou en-liña do pago das taxas, debidamente cumprimentado
  • copia do xustificante do dereito á exención de taxas (minusvalía, familia numerosa, funcionarios docentes, etc.), de ser o caso
  • copia do xustificante de acceso directo por titulación, de ser o caso (ou certificación académica da EOI de orixe no caso dun traslado doutra EOI)
  • no caso de fraccionar o pagamento da matrícula comprobante da conta bancaria onde conste o IBAN (certificado, recibo...)
  • para o alumnado menor de 16 anos, certificado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada, expedido polo centro onde estea matriculado consonte o modelo do anexo V da circular de matrícula

O alumnado que se matricula por primeira vez na EOI de Santiago de Compostela, deberá ademais presentar:

  • fotocopia do DNI ou NIE (non é válido o pasaporte)

No caso de discapacidade, deberase achegar documentación acreditativa e, se solicita adaptacións, cubrir esta solicitude e entregala xunto co resto da documentación de matrícula.