Skip to Content

Blogue de Lantaño

VACANTES CURSO 2023/2024

A escola conta con 20 prazas para alumnado de entre 3 e 6 anos de idade, a distribución de vacantes para o  vindeiro curso é a seguinte:

ADEUS DECEMBRO

O mes de decembro foi intenso, moitos catarros e gripes, pero sacando enerxía e forzas para gozar de moitas cousas.

A comezos de mes visitamos o centro do noso concello, Portas, onde nos rimos co espectáculo MOC MOC, coñecimos a biblioteca, o consistorio, e tivemos tempo para dar un paseo pola vila.

A Banda de Música de Lantaño visitounos para deleitarnos con un concerto de Nadal, e ensinarnos algúns dos seus instrumentos.

 

E por suposto, tamén puidemos celebrar o Nadal, colocando a nosa árbore, preparando a merenda colaborativa e o fin de ano coas súas tradicionais badaladas, e con visita de Papá noel, a quen entregamos a nosa carta.

Foi un fermoso mes, cheo de ilusión que dará paso a novos proxectos, ideas e vivencias.

Adeus decembro e adeus 2022!

Esperamoste con ganas 2023!

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro mes de marzo terá lugar o período de admisión para o curso 2023/2024. Antes de realizar o mesmo convidamos a todas as familias interesadas, a visitarnos o 28 de febreiro pola tarde, coñecer a escola, o noso xeito de traballar e aprender e resolver calquera dúbida que vos xurda.

En caso de que a data ou horario non se adapte ás vosas necesidades, contactádenos para acordar outro momento máis acorde á vosa dispoñibilidade.

ADEUS NOVEMBRO

Rematamos o mes de novembro.

Agora os espazos da escola xa son máis que coñecidos, e cada vez empregamos os nosos materiais de xeitos máis creativos.

 

Pero de todos os espazos de que dispoñemos, é a natureza quen máis nos sorprende. Este mes atopamos a que é, ata agora, a seta máis grande coñecida (alomenos para nós).

 

A través da Fundación La Nineta dels Ulls coñecimos que é o Rentinoblastoma e convertémonos nunha das escolas de súper heroes e súper heroínas. Podedes coñecer máis a cerca desta Fundación e o retinoblastoma no seguinte enlace: https://fundaciolaninetadelsulls.org/es/presentacion-de-la-fundacion-la-nineta-dels-ulls/

E por suposto tamén tivemos tempo para reflexionar e conmemorar o 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero, na honra das irmáns Mirabal, as tres bolboretas. Pois na escola estamos contra calquera tipo de violencia.

 

ADEUS NOVEMBRO! BENVIDO DECEMBRO!

 

ADEUS OUTUBRO

Ó longo do mes de outubro tiveron lugar moitos descubrimentos:

Apareceron as primeiras setas no parque de Lantaño, fonte de sorpresa, historias imaxinadas e xogos.

 

Gracias a Sara e a súa familia puidemos coñecer diferentes tipos de cabazas, e buscamos información a cerca das súas características e os seus múltiples usos.

 

Tamén deu tempo a ser solidarios. E achegamos á escola roupa que nós xa non empregamos para aqueles nenos e nenas que si o precisan, a través da Campaña Solidaria Mariola. Sobre a que podedes descubrir máis no seguinte enlace: https://sites.google.com/site/campanasolidariamariola/home

E xa se achegaba a época do Samaín, celebración Celta que festexa o fin das colleitas e do verán, para dar paso a época máis escura do ano, con días máis curtos e noites máis longas. A noite e a escuridade para moitas persoas favorece o achegamento ó medo, emoción sobre a que reflexionamos un pouco máis.

 

E para rematar o mes festexamos o Samaín, con merenda, música e xogos sensoriais, por suposto cos nosos disfraces máis terroríficos.

 

Parece que o desfrutamos moito.

Adeus outubro! Benvido Novembro!

COMEZAMOS!

 

Benvidos e benvidas ó curso 2022-2023

 

 

Inciamos un novo curso na escola de Lantaño, con moitas ganas de investigar, explorar e aprender.

Estes primeiros días adicamonos a coñecer ás novas integrantes da escola e as novas mestras, descubrir os cambios nos espazos, adquirir algunha das rutinas que formarán parte do día a día ó longo do curso, e conversar a cerca de cales son os nosos intereses.

Esperamos compartir con todos e todas vos este camiño que seguiremos ó longo deste novo curso, xa libres de protocolo Covid, o que esperamos facilite encontros, apertas e tranquilidade para todos e todas.

Moitas grazas a Lidia por este espazo tan fermoso que foi creando nun recunchiño de Lantaño, e ó concello de Portas polas melloras que realizou na escola.

Distribuir contido


by Dr. Radut