Skip to Content

Blogue de Lantaño

REUNIÓN INICIO DE CURSO

Xa se aproxima a volta ás aulas, pero antes é preciso preparar os espazos, planificar e tamén volver a atoparnos coas familias, este xoves 5, antes de reencontrarnos todos e todas o mércores 11 de setembro.

Esperamos desfrutar moito dun novo curso cheo de diversión e aprendizaxes.

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

O horario do centro é de 9.00 a 14.00 h

A atención a familias realizase os martes de 16.00 a 18.00 h.

 

O curso comeza o 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2024/25 serán os seguintes:

Nadal: desde o día 23 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024, ambos inclusive.

Entroido: os días 3, 4 e 5 de marzo.

Semana Santa: desde o día 14 a 21 de abril, ambos inclusive.

Os dous días non lectivos do centro están por determinar, en coordinación con outros centros educativos da contorna.

 

Reunión inicio de curso 2023

Xa se aproxima a volta ás aulas, pero antes é preciso preparar os espazos, planificar e tamén volver a atoparnos coas familias, este xoves 7, antes de reencontrarnos todos e todas o luns 11 de setembro.

Cantas ganas temos de volver a vervos e desfrutar de tempo e experiencias xuntas/os!

 

Reunión inicio de curso 2023

Xa falta pouco para a volta ás aulas.

Comezamos preparando os espazos, planificando e agora reunindo á comunidade educativa este xoves 7 antes de volver a atoparnos todos e todas o vindeiro luns 11.

Cantas ganas temos de vervos e voltar compartir vivencias con vós.

 

DESPEDIMOS XANEIRO

Voltamos tras o nadal coas enerxías máis que recargadas,e con sorpresas, pois os Reis Magos pasaron pola escola e deixaron algúns agasallos.

E tras isto, para iniciar este novo trimestre, visitamos o CIFP Carlos Oroza, onde nos ensinaron as súas instalacións e nos permitiron preparar unhas deliciosas galletas, decoramos unhas taciñas de leite, e degustamos unhas riquisimas brochetas de froita e chocolate. A experiencia encantounos e estamos tremendamente agradecidas a esta escola pola súa amabilidade e atención.

Tendo en conta o moito que desfrutamos desta excursión decidimos iniciar un proxecto a cerca da cociña e os alimentos chamado "O mesón de Lantaño", a partir do cal levaremos a cabo a creación dun recetario, cociñaremos na escola, e coñeceremos a procedencia dos alimentos e o seu consumo recomendado. 

E como primeira receita elaboramos unhas galletas de plátano, avea e chocolate, e uns zumes de laranxa.

 

 

E como tivemos a sorte de ter algúns días de bo tempo, tamén aproveitamos para saír a explorar o monte próximo.

 

 

 ADEUS XANEIRO!

Distribuir contido


by Dr. Radut