Nesta actividade o alumnado xoga a pensar, neste caso a intentar adiviñar cal será o todo despois de ver as partes ( Ver presentación no arquivo adxunto ).
Unha vez que observan o todo, comezan a expresar as sensacións, sentimentos e ideas que suxire o cadro.
Nesta sesión o alumnado comenta que a obra fala sobre:
-O oído
-É malo berrar no oído
-Está a contar algo malo por iso susurra
-Unha persoa moi pequena falándolle a un xigante igual lle intenta convencer de algo que non quere que ninguén se entere.
A conversa derivou á idea de SEGREDO e concluímos que un segredo non se pode contar.