Este curso imos pasear ao bosque que temos xusto detrás da escola. Un lugar máxico que invita á calma e ao diálogo. Son nestes paseos onde os nenos e nenas sóltanse a falar. É por iso que xurdiron sesións de Filosofía para nenos, neste marabilloso espazo, onde se favorece o pensamento crítico, creativo e coidadoso.
Dialogamos sobre o altas que son as árbores.
Que é ser alto? comer moito,crecer.
Queredes medrar? para que? para poder traballar, para facer cousas como por exemplo facer experimentos, para saltar alto, para ser veterinario, para ser vaqueiro, para saltar máis alto, para chegar aos libros das estanterías, para ordear os libros, para cazar dinosauros, para ser alto.