Na escola contamos con dúas estanzas diferenzadas. Unha para as propostas de tipo manipulativo e de mesa e a outra para as propostas que requiren de movemento.
No espazo exterior de entrada á escola almacenamos os xogos de patio e as botas de auga, e no espazo de entrada interior comparten estancia algunhas obras da nosa biblioteca, dispostas nunha estantería, xunto coas perchas para colocar as nosas pertenzas, e as zapatillas que empregamos diariamente na escola.
A escola conta cunha contorna inmellorable, rodeada dun bosque e un parque con carballos e castiñeiros así como sube e baixa, tobogáns e areeiro para o xogo, que desfrutamos no tempo de recreo, así como para levar a cabo actividades no exterior. Tamén empregamos para as sesións de psicomotricidade o campo de futbol situado ó lado da escola.