Voltamos tras o nadal coas enerxías máis que recargadas,e con sorpresas, pois os Reis Magos pasaron pola escola e deixaron algúns agasallos.
E tras isto, para iniciar este novo trimestre, visitamos o CIFP Carlos Oroza, onde nos ensinaron as súas instalacións e nos permitiron preparar unhas deliciosas galletas, decoramos unhas taciñas de leite, e degustamos unhas riquisimas brochetas de froita e chocolate. A experiencia encantounos e estamos tremendamente agradecidas a esta escola pola súa amabilidade e atención.
Tendo en conta o moito que desfrutamos desta excursión decidimos iniciar un proxecto a cerca da cociña e os alimentos chamado "O mesón de Lantaño", a partir do cal levaremos a cabo a creación dun recetario, cociñaremos na escola, e coñeceremos a procedencia dos alimentos e o seu consumo recomendado.
E como primeira receita elaboramos unhas galletas de plátano, avea e chocolate, e uns zumes de laranxa.
E como tivemos a sorte de ter algúns días de bo tempo, tamén aproveitamos para saír a explorar o monte próximo.
ADEUS XANEIRO!