Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

As mañás en Bibliodunas

- 30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ-

 
NÓS CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ DESFRUTANDO CO VÍDEO QUE CREAMOS ENTRE TODOS E BAILANDO "IMAGINE"
FELIZ DÍA DA PAZ FAMILIAS!!

CONTACONTOS EN BIBLIODUNAS

A PROFE PALOMA CONTOUNOS UN CONTO IMPRESCINDIBLE NESTAS DATAS: "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS". ESTIVEMOS TODAS E TODOS MOI MOI ATENTOS!!

 

CONTACONTOS EN BIBLIODUNAS

A SEMANA PASADA A PROFE RAQUEL CONTOUNOS UN CONTO BEN ORIXINAL: "UN BECHO ESTRAÑO" DE MON DAPORTA, UN CONTO DE NUNCA ACABAR!

 

 

 

FEITIZO PARA PERDER O MEDO!

PARA O SAMAÍN FIXEMOS NA BIBLIO UN CONXURO: "FEITIZO PARA PERDER O MEDO"... QUE SE AGOCHEN OS MONSTROS QUE NÓS XA NON NOS ASUSTAMOS MAIS!!!Sorprendido 

 

Sorry, flash is not available.

 

CONTA CONTOS EN BIBLIODUNAS

HOXE NA BIBLIOTECA ESCOITAMOS UN CONTO TERRORÍFICO:

" UNHA PASTASMA CON ASMA"

CONTO QUE DABA MEDO E QUE RIMABA.

ENCÁNTANNOS ESTOS DÍAS ESPECIAIS!

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O PASADO MARTES 24 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. TODOS OS NENO@S FOMOS Á BIBLIOTECA A VER UN CURTO DE ANIMACIÓN SOBRE O CONTO "LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL SEÑOR MORRIS LESSMORE".

ENCONTOUNOS O CONTO!!! Sorriso

HOXE 24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS

HOXE DÍA 24 DE OUTUBRO CELÉBRASE O DÍA DAS BIBLIOTECAS E NÓS QUIXEMOS FACER ALGO ESPECIAL: DA MAN DE DON RAMÓN, O BIBLIOTECARIO (CANTIGA DO LOIBRO-CD "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO") E MÁIS DO SR. MORRIS LESSMORE NOS ADENTRAMOS NO FANTÁSTICO MUNDO DAS BIBLIOTECAS, ONDE RESIDEN TANTOS MARABILLOSOS LIBROS QUE NOS FAN VOAR A IMAXINACIÓN!!

ESCOITAMOS A CANTIGA DE DON RAMÓN E VISUALIZAMOS O VÍDEO "LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DEL SR. MORRIS LESSMORE"

PREME SOBRE A FOTO PARA VISUALIZAR O CONMOVEDOR VÍDEO:

 E PARA SEGUIR COA CONMEMORACIÓN DO DÍA, HOXE ABRIMOS BIBLIODUNAS POLA TARDE. NON FALTEDES, HABERÁ ALGUNHA COUSIÑA ESPECIAL...!!

FORMACIÓN DE USUARIOS

DURANTE O MES DE OUTUBRO, MES NOS QUE SE CELBRA O DÍA DAS BIBLIOTECAS, LEVÁRONSE A CABO AS ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DE USUARIOS NOS TRES GRUPOS E MÁIS COMEZOU A FUNCIONAR O SERVIZO DE EMPRÉSTITO.

OS COMPIS DE 3 ANOS FIXERON VISITAS PARA IR COÑECENDO AS DIFERENTES ZONAS DA BIBLIO, COÑECERON A MASCOTA, A RATIÑA LOLA, AS NORMAS, PREPARARON OS SEUS MARCADORES E XA LEVARON LIBRIÑOS PARA LER NA CASA!

OS COMPIS DE 4 ANOS COÑECERON AS NOVAS ZONAS DA BIBLIOTECA, RECORDARON AS NORMAS, O USO DO MARCADOR, ASÍ COMO TAMÉN A VISITARON PARA INVESTIGAR SOBRE A POESÍA, TEMÁTICA DO PROXECTO DESTE CURSO.

OS COMPIS DE 5 TAMÉN IDENTIFICARON OS CAMBIOS QUE SE PRODUCIRON NA ORGANIZACIÓN DOS FONDOS, RECORDARON AS NORMAS E O FUNCIONAMENTO DA BIBLIO, ASÍ COMO TAMÉN DESFRUTARON COS CONTOS.

TODAS E TODOS COLABORAMOS NA ELABORACIÓN DO CARTEL COAS NORMAS DA NOSA BIBLIO, E XA QUE ESTE ANO O PROXECTO É SOBRE A POESÍA, FIXEMOS AS NORMAS RIMADAS!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut