CO GALO DO DÍA DA POESÍA, LEVAMOS DÍAS FACENDO UNHA SERIE DE ACTIVIDADES: ESCOLLEMOS AO POETA FRAN ALONSO PARA DESFRUTAR DA POESÍA. É UN AUTOR QUE XA COÑECEMOS PORQUE O TRABALLAMOS O CURSO PASADO CO PROXECTO ANUAL DE CENTRO "POETÍZATE CON LOLA". O QUE FIXEMOS FOI SAÍR A EXPLORAR NA BIBLIO ONDE ATOPAR OS LIBROS DE POESÍA, E ENTRE ELES BUSCAMOS OS DE FRAN ALONSO. XA NA CLASE OLLÁMOLOS, E DESFRUTAMOS CON MOITOS DOS SEUS POEMAS. CO DOSSIER QUE FIXEMOS O CURSO PASADO PUIDEMOS RECORDAR DATOS COMO A BIOGRAFÍA E A SÚA OBRA. FIXEMOS O SEU RETRATO E PINTAMOS TAMÉN AO GATO POETA.
O pasado martes tivemos a oportunidade de desfrutar dunha sesión deportiva moi especial grazas á nai de Lois. Ademais, contou moreas de cousas interesantes sobre a súa traxectoria, os seus estudos e o seu traballo diario.
PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER TRABALLADORA LEVAMOS A CABO UNHA SERIE DE ACTIVIDADES: COLABORAMOS NA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE MULLERES TRABALLADORAS DA FAMILIA QUE TROUXERON DAS CASAS, CONSULTAMOS NA BIBLIO A SELECCIÓN DE LIBROS SOBRE ESTA TEMÁTICA E OS LEVAMOS TODIÑOS Á CLASE PARA GOZAR CON ELES!! LEMOS DOUS MOI GRACIOSOS COS QUE ESCACHAMOS A RIR: "GUAPA" E "BLANCANIEVES Y LOS 77 ENANITOS".
AÍNDA NON REMATAMOS COAS ACTIVIDADES, O LUNS TEREMOS UNHA CHARLA DUNHA MAMÁ TRABALLADORA, A NAI DE LOIS.
O 24 DE FEBREIRO FOI O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO E CELEBRÁMOLO NA ESCOLA CON MOITAS ACTIVIDADES: ASISTIMOS AO CONCERTO DE UXÍA SENLLE NO CPI ARQUITECTO PALACIOS (PODEDES VER O VÍDEO MÁIS ABAIXO), FIXEMOS UN REPASO SOBRE A SÚA BIOGRAFÍA, DESFRUTAMOS CON ALGÚN DOS SEUS POEMAS E APRENDEMOS E BAILAMOS A CANTIGA "ROSALÍA" DE OVIRAVAI, QUE TEN MOITA MARCHA!!! AHH E TAMÉN FIXEMOS UNHA MÁSCARA CO SEU ROSTRO.
COMO A RATIÑA LOLA SABE QUE QUEREMOS APRENDER COUSIÑAS DE OSOSPANDAS, DEIXOUNOS NA CLASE AS PORTADAS DE VARIOS CONTOS DE OSOS PANDAS E SAÍMOS A EXPLORAR A BIBLIODUNAS PARA TOPALOS!
COA AXUDA DAS LUPAS, FOI MAIS DOADO! GRAZA LOLA, AGORA TEMOS OS CONTOS NA CLASE !
O pasado luns, o alumnado da nosa escola asistiu (xunto con escolares doutros centros educativos de Nigrán) a un concerto de Uxía Senlle para homenaxear á escritora galega Rosalía de Castro.