Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

As mañás en Bibliodunas

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 
 
 
O pasado luns, 11 de febreiro, celebramos na escola o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia para contribuír a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM.
Traballamos o libro Pequeña y Grande Marie Curie e realizamos diversos experimentos cos que aprendimos moito.

11 DE FEBREIRO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

HOXE É O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA. NA BIBLIO CELEBRÁMOLO COÑECENDO A MARIE CURIE CUN LIBRO FANTÁSTICO E MÁIS DA MAN DOS LUNNIS. XOGAMOS DESPOIS A FACER EXPERIMENTOS. QUE DIVERTIDO É ISTO DA CIENCIA!!! FOI UNHA MAÑÁ FANTÁSTICA!

AXIÑA VOS AMOSAREMOS AS ACTIVIDADES. POLO MOMENTO PODEDES VER O VÍDEO DOS LUNNIS SE PREMEDES NA IMAXE DE MARIE CURIE.

 

ARGALLANDO CON LOLA MOLA

ARGALLANDO CON LOLA MOLA! ESTA SEMANA DESFRUTAMOS DE NOVOS MATERIAIS PARA O CAIXÓN DE LUZ. ADEMAIS ESTAMOS APRENDENDO UN MONTÓN DE PAÍSES CO PUZLE MAGNÉTICO DO MUNDO!!

 

VENRES DE POESÍA

DURANTE A SEMANA PASADA LEVAMOS A CABO DIFERENTES ACTIVIDADES RELACIONADAS COA TEMÁTICA DA PAZ. UNHA DELAS FOI TRABALLAR SOBRE A CANTIGA "LUZ" DO LIBRO-CD "CAMIÑOS" DE MAGÍN BLANCO. ESTA CANTIGA ESTÁ BASEADA NUN FERMOSO CONTO DE EVA MEJUTO SOBRE OS VALORES DO SER HUMANO, SOBRE A NOSA LUZ INTERIOR.

POIS BEN, A MÚSICA É TAMÉN POESÍA, ASI QUE O VENRES LEMOS ESTA BONITA CANTIGA, REFLEXIONAMOS SOBRE O SEU CONTIDO. DESPOIS FIXEMOS UN FERMOSO DEBUXO DA NOSA LUZ INTERIOR CON TÉMPERA SÓLIDA. FINALMENTE ENTRE TODAS E TODOS RECITAMOS O POEMA.

 

 
 

 

ASÍ RECITAMOS O POEMA
PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR A CANTIGA "LUZ" DE MAGÍN BLANCO.
GRAZAS MAGÍN, POETA, MÚSICO, QUE CON ESTAS LETRAS SE NOS AGRANDA O CORAZÓN E A ALMA.

O DÍA DA PAZ NA ESCOLA

AMOSÁMOSVOS AS ACTIVIDADES QUE LEVAMOS A CABO CO GALO DO DÍA DA PAZ.

DURANTE A SEMANA TRABALLOUSE NOS TRES GRUPOS SOBRE O LIBRO "EL LÁPIZ MÁGICO DE MALALA" DA ACTIVISTA PAQUISTANÍ MALALA YOUSAFZAI, PREMIO NOBEL DA PAZ EN 2014. O MÉRCORES XUNTÁMONOS NA BIBLIO PARA VISUALIZAR UN VÍDEO NO QUE PUIDEMOS COÑECER Á PROTAGONISTA DO LIBRO, ESCOITAR COMO FALA E COMO CONTA A SÚA HISTORIA.

CANTAMOS E BAILAMOS XUNTOS A CANTIGA DE MAMÁ CABRA "O BAILE DA PAZ".

LOGO NAS AULAS FIXEMOS UN TRABALLIÑO DE MESA SOBRE O CONTO.

AGORA TODAS E TODOS SABEMOS QUE PODEMOS CAMBIAR O MUNDO!!!

 


 

 

FELIZ DÍA DA PAZ

RECOMENDACIÓNS LECTORAS:

 FELIZ DÍA DA PAZ!

VENRES DE POESÍA

O VENRES PASADO SEGUIMOS DESFRUTANDO COA POESÍA DIVERTIDA! NESTA OCASIÓN FOI CUN LIBRO DE MAR BENEGAS TITULADO "NICOLASA, ¿Y TU CASA?". PRECIOSO POLAS RIMAS, POLA HISTORIA E MÁIS POLAS ILUSTRACIÓNS!

VENRES DE POESÍA

O VENRES PASADO DESFRUTAMOS COA POESÍA DE FRAN ALONSO E CO SEU LIBRO "POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS". O POEMA ELEXIDO FOI "O ZOO DAS PALABRAS". CON ESTE POEMA DESFRUTAMOS XOGANDO COAS PALABRAS, COAS LETRAS, COS NOVOS SIGNIFICADOS E CREAMOS SERES FANTÁSTICOS! MIRADE O VÍDEO!!

 

ARGALLANDO CON LOLA

O luns, na biblioteca, descubrimos o CAIXÓN DE LUZ, deixounos abraiados: o seu mando para cambiar de cor, as pezas translúcidas para xogar... Grazas Lola por todo o que tes de sorpresa no recanto de Argallando!

Distribuir contido


by Dr. Radut