ESTE VENRES COCIÑAMOS UN POEMA!!! E QUE BO ESTABA!!!
DESCUBRIMOS UN PRECIOSO LIBRO DE POEMAS QUE SE TITULA "AS RECEITAS DE ROSAURA" ESCRITO POR ISABEL BLANCO E ILUSTRADO POR LUZ BELOSO. LEMOS MOITOS DOS SEUS POEMAS PERO DECIDIMOS COCIÑAR O QUE LEVA POR TÍTULO "PINGÜÍNS DA PATAGONIA DE QUEIXO BRANCO E CENORIA". FOI UN POUCO DIFÍCIL PERO DIVERTIDO. FINALMETE FOI XENIAL VER QUE CHULIÑOS NOS QUEDARON E DEGUSTALOS O MELLOR!!!
O pasado 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, o alumnado da escola participou nun recital na biblioteca do centro. Ademais, as nenas e os nenos fixeron unha posta en común do traballado nas aulas sobre distintos poetas.
CO GALO DO DÍA DA POESÍA, LEVAMOS DÍAS FACENDO UNHA SERIE DE ACTIVIDADES: ESCOLLEMOS AO POETA FRAN ALONSO PARA DESFRUTAR DA POESÍA. É UN AUTOR QUE XA COÑECEMOS PORQUE O TRABALLAMOS O CURSO PASADO CO PROXECTO ANUAL DE CENTRO "POETÍZATE CON LOLA". O QUE FIXEMOS FOI SAÍR A EXPLORAR NA BIBLIO ONDE ATOPAR OS LIBROS DE POESÍA, E ENTRE ELES BUSCAMOS OS DE FRAN ALONSO. XA NA CLASE OLLÁMOLOS, E DESFRUTAMOS CON MOITOS DOS SEUS POEMAS. CO DOSSIER QUE FIXEMOS O CURSO PASADO PUIDEMOS RECORDAR DATOS COMO A BIOGRAFÍA E A SÚA OBRA. FIXEMOS O SEU RETRATO E PINTAMOS TAMÉN AO GATO POETA.