O luns, na biblioteca, descubrimos o CAIXÓN DE LUZ, deixounos abraiados: o seu mando para cambiar de cor, as pezas translúcidas para xogar... Grazas Lola por todo o que tes de sorpresa no recanto de Argallando!
ESTE TRIMESTRE E O SEGUINTE ADICAREMOS OS VENRES Á POESÍA.
O VENRES PASADO LEMOS UNHA POESÍA DO MES DE XANEIRO NO LIBRO "SOPA DE ARROZ CON POLO", ESCACHAMOS A RIR CON "TOMÁS O BROMISTA" E MÁIS SORPRENDÉMONOS, RIMOS E APRENDEMOS UNHA BOA LECCIÓN CON "MIGUEL, CONTO EXEMPLAR".
CANTAS POSTAIS TROUXERON ESTES NEN@S PARA O CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL!!!! E QUE BONITAS SON TODAS!! FOI MOI COMPLICADO ESCOLLER A GAÑADORA PORQUE TODAS MERECÍAN UN PREMIO!!! GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPAR NO CONCURSO!!!
A PROFE RAQUEL PREPAROU UNHA RATIÑA LOLA EXPLORADORA PARA BIBLIODUNAS E DEIXOUNOS UNHA CARTA NA QUE NOS RECORDA QUE ESTE ANO A NOSA RATIÑA ANDA DE EXPLORADORA!!!
ESTE MARTES FOMOS, COMA TODOS OS MARTES, A BIBLIODUNAS A LER LIBROS E ESCOLLER UN PARA LEVAR Á CASA. POIS BEN, CANDO CHEGAMOS LEVAMOS UNHA SORPRESA!! A PROFE RAQUEL AGASALLOUNOS UNHA RATIÑA LOLA FANTÁSTICA FEITA POR ELA MESMA!!