Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Suxestións para tempo de lecer

OBRADOIRO RESTAIRACIÓN PEQUENO MOBILIARIO

GONDOCULTURA

CONTACONTOS "LER CONTA MOITO" NA BIBLIOTECA DE NIGRÁN

 

 

 

PROGRAMA DE ANIMACIÓN A LECTURA "LER CONTA MOITO" 

 

NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN.

 

TODA A INFORMACIÓN NO ARQUIVO ADXUNTO 

ESAPZO LECTURA GONDOMAR

Prezados socios e socias:

 
No mes de outubro comezan as actividades de Espazo Lectura, que poderedes consultar tanto na web de Espazo Lectura (premendo nesta ligazón accederedes á páxina web) coma nas nosas redes sociais: InstagramFacebook e Twitter
 
Informámosvos de que a sede provisional da asociación continúa no antigo Centro de Saúde, e estará aberta para realizar o servizo de empréstito os luns lectivos de 17:00h a 18:00h. 
 
Adxuntamos nesta mensaxe a nota informativa coa información dos diferentes clubs que se celebrarán no mes de outubro.
 
Agardamos que a programación sexa do voso interese e que nesta tempada poidamos compartir moitas lecturas e agradables momentos arredor dos libros. 
 
Saúdos,
 
O equipo de Espazo Lectura

BALONMÁN NO PAVILLÓN DE PANXÓN GRATUITO NOS MESES DE XULLO E AGOSTO

BALONMÁN NO PAVILLÓN DE PANXÓN GRATUITO NOS MESES DE XULLO E AGOSTO
Actividade que sería levada a cabo dende o día 4 de Xullo e nos meses de Xullo e Agosto. A inscripción faríase contactando co mail: sdnproxectoveran@gmail.com. Sería unha actividade completamente gratuíta e asegurada polo Plan Corresponsables da Xunta de Galicia. Tódolos Luns, Mércores e Venres de 16:00 a 20:00 no pavillón de Nigrán en Panxón. Será unha actividade lúdico-deportiva orientada ao aprendizaxe do balonmán. En función do número de nenos e nenas que se anoten. A fináis do mes de xuño,trataríase de dar xa un calendario concreto para cada franxa de idade. A participación non ten ningún tipo de condicionante e queda a discreción dos pais ou nenos asistir, pero deben darse de alta no seguro médico posto á nosa disposición e firmar a cesión de dereitos de imaxe. Tódos estes documentos poríamos a dispòsición de todos aqueles que se interesen en participar, de novo, a través do mesmo mail arriba indicado. SAÚDOS!

conferencia

contos en cueiros: 17 de xuño

Prezadxs usuarixs de Contos en Cueiros: 

O próximo venres 17 de xuño ás 18 horasna Biblioteca Municipal de Gondomarpoderemos disfrutar da derradeira sesión desta tempada dirixida aos máis pequenos da casa. Nesta ocasión "Contamos e cantamos de novo en Contos en Cueiros" para os nenos e as nenas de 0 a 3 anos.

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala. A entrada será, coma sempre, de balde e cumprindo coas medidas sanitarias de seguridade.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 15 de xuño contosencueiros@gmail.com e facilitar:

 

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2018 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. 

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

Un saúdo.

 

EXCURSIÓN A ILLAS CIES (ANPA ARQUITECTO PALACIOS - DUNAS)

O PRAZO DE INSCRICIÓNS REMATA O 3 DE XUÑO!

correo electrónico ANPA: anpapanxon@gmail.com

Distribuir contido


by Dr. Radut