Este mércores van rodar cabazas na casa da lectura.
Xa se está achegando o Samaín e na sesión de contos deste mércores 25 de otubro, na Casa da Lectura, rodarán cabazas. Cris Jácome vaise estrear como contadora cos contos Corre, corre cabaciña, Carabuñas e A cociña da bruxa. Logo faremos móbiles de cabaza ou de bruxa e degustaremos uns deliciosos chupachups fantasmas. A sesión comeza ás 18:00 horas e media hora antes aténdese o servizo de préstamo bibliotecario.
Máis información