Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Suxestións para tempo de lecer

ESCOLA DE MÚSICA SANTIAGO DE PARADA

O XOVES, 28 DE SETEMBRO CONTAREMOS COA VISITA DE DANIEL GONZÁLEZ, O CREADOR DA ESCOLA DE MÚSICA DE SANTIAGO DE PARADA.

PRESENTARANOS O SEU PROXECTO CO PROPÓSITO DE LOGRAR FORMAR UNHA BANDA DE MÚSICA NO CONCELLO DE NIGRÁN.

AS CLASES DARÁN COMEZO NO MES DE OUTUBRO.

 

OS CONTOS DA LEITEIRA

O CONCELLO DE NIGRÁN OFRECE ESTE VENRES 22 DE SETEMBRO ÁS 18:00 HORAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL O CONTACONTOS INFANTIL 'OS CONTOS DA LEITEIRA', CUNHA DURACIÓN DE 50 MINUTOS. A ACTIVIDADE ENCÁDRASE NO PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA 'LER CONTA MOITO' E NON REQUIRE DE INSCRICIÓN PREVIA.

"OS CONTOS DA LEITEIRA” DÁ VOZ A HISTORIAS DE MULLERES INTRÉPIDAS E TÍMIDAS, LOITADORAS E SOÑADORAS PERO TAMÉN Á PROPIA CONDICIÓN DE FEMININA, REPRESENTADA POR ANIMAIS QUE VIVEN ESAS CIRCUNSTANCIAS. CONTOS DE HEROÍNAS, GALIÑAS VALENTES, LEÓNS AMOROSOS OU GALOS FACHENDOSOS QUE NOS FARÁN GOZAR E CONCIENCIARNOS PARA QUE A IGUALDADE SEXA UNHA REALIDADE.

ESAPZO LECTURA GONDOMAR: MES DE XUÑO

"A MALETA DA AVOA" RAQUEL QUEIZÁS

CONTOS EN CUEIROS 26 DE MAIO

O próximo venres 26 de maio ás 18 horasna Biblioteca Municipal de Gondomarpoderemos disfrutar dunha nova sesión de Contos en Cueiros para acompañar aos nenos e nenas de 0 a 3 anos no seu inicio coa lectura"Polo camiño" será a derradeira sesión desta tempada.  

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde.

Criterios de inscrición:

Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 24 de maio contosencueiros@gmail.com e facilitar:

 

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2020 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. 

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

SALÓN DO LIBRO PONTEVEDRA

 

 PREME NA IMAXE SE QUERES CONSULTAR O PROGRAMA DO SALÓN DO LIBRO EN PONTEVEDRA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FEIRA DO LIBRO EN NIGRÁN

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut