O luns 17 de abril comeza a Semana do Libro e a Lectura que, como cada ano, organiza a asociación Espazo Lectura. Achegámosvos o cartel coa programación para que, desde os centros educativos, difundades as actividades e que poidan chegar a un maior número de persoas que poidan estar interesadas en participar.
Luns 17 de abril
SESIÓN ESPECIAL DO CONTOMAR E CONTOS EN CUEIROS, ás 18:00 na PRAZA ROSALÍA DE CASTRO.
Caderno de cores e cancións, de Magín Blanco.
CLUB DE LECTURA SETE VIDAS E DAQUELAS QUE LEN, ás 20:00 NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE GONDOMAR.
A culpa, de María Solar (Xerais). Contaremos coa presenza da autora.
Martes 18 de abril
SESIÓN ESPECIAL DO LECTURAS DEBUXADAS, ás 20:00h na BIBLIOTECA MUNICIPAL DE GONDOMAR.
Manual de escola, de Xosé Tomás.
Venres 21 de abril
SESIÓN DE CONTOS EN CUEIROS (para bebés de 0-3 anos), ás 18:00h na BIBLIOTECA MUNICIPAL DE GONDOMAR.
É preciso inscrición previa
Sábado 22 de abril
SESIÓN DO CLUB DE LECTURA COMPARTIDA LENDO CONTIGO, ás 12:00h NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE GONDOMAR.
O secuestro da bibliotecaria, baseado no conto de Margaret Mahy.
NOITE GOLFA COMPARTIDA CO COMANDO LE, ás 22:00h no IES AUGA DA LAXE
Espectáculo: ALDAOLADO
É preciso inscrición previa.
Domingo 23 de abril
XVI EDICIÓN DO DAR DE LER COMA QUEN DÁ DE BEBER, de 12:00 a 14:00h no Keik (Gondomar)
AUDITORIO LOIS TOBÍO DE GONDOMAR, ás 19:00h.
Espectáculo: O secuestro da bibliotecaria, por Sarabela Teatro.