Skip to Content

blogue dedireccion

HORARIO CURSO 2023-24

AS CLASES DARÁN COMEZO O  LUNS 11 DE SETEMBRO

 

  • O horario será de 9 a 14 horas dende o primeiro día  (luns  11) e para todo o curso, agás para o alumnado de 4º E.I. (3 anos) que no mes de setembro terá un horario diferente (xa publicado).

 

  • Os martes temos horarios de titoría de 18:30 a 19:30 horas.

GRUPOS 3 ANOS E PERIODO DE ADAPTACIÓN CURSO 2023/2024

Estimadas familias, xa estamos de volta!

No adxunto tedes a distribución do grupo-clase que lle corresponde os seus fillos así como as titoras, datas de período de adaptación e quendas de entrada.

 

MESTRAS E ENTRADAS

Grupo A mestra Susana Santos. Entrada pola porta do paseo (non entrada principal, cancela pequena).

Grupo B mestra Ester Ojea. Entrada pola porta do paseo (non entrada principal, cancela pequena).

Grupo C mestra Iria Boga. Entrada pola porta do paseo, entrada principal (mural tren).

 

*O servizo de comedor comezará a partir do día luns 18 (incluído).

*O plan madruga comezará a partir do día luns 18 (incluído) xa que comezamos coa xornada completa.

*A listaxe do material será proporcionada no sobre coa documentación de principio de curso que se entregará o primeiro día.

*As familias deberán descargar no seu teléfono móvil a aplicación Abalar da Xunta para a información e comunicación escola-familia (poderán dispoñer dela pai e nai ou titor legal).

 

Ao remate desta entrada, en cor laranxa, están os pdf (clicar en "3 adxuntos") con toda a información. 

Un saúdo.

O equipo Docente.

 

 

FIN DE CURSO 2023

Como sabedes o último día de colexio tivemos unha gran festa onde todos gozamos moito, deixámosvos un vídeo deste día para compartilo convosco. 

 

Dende toda a comunidade escolar, desexamos que teñades un bo verán!

PROXECTO VOZ NATURA 2022/23

Este curso no proxecto Voz Natura "Olimpíada Animal" investigamos as características dos animais e o seu ciclo vital.

No seguinte vídeo podedes ver un resumo das actividades. Esperamos que vos guste!

MATRÍCULA CURSO 23-24

  • FORMALIZACIÓN DE MATRICULA DO 20 AO 30 DE XUÑO EN HORARIO DE SECRETARÍA DE 13:15 A 14:00

Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida 

Documentos a presentar:

 Modelo de solicitude oficial debidamente cuberta e asinada (Anexo III-1).

-  Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social ou seguro médico.

-  Ficha de titoría (facilitada pola Escola) debidamente cuberta.

-   4 fotografías tamaño carné.

  • OS PAIS E NAIS DOS NENOS E NENAS FINALMENTE ADMITIDOS EN 4º DE EI (3 ANOS), QUEDAN CONVOCADOS O MÉRCORES 28 DE XUÑO A UNHA REUNIÓN INFORMATIVA, ÁS 20 HORASÁ QUE DEBEN ASISTIR SEN OS SEUS FILLOS

 Nos seguintes pdf (clicar en "2 adxuntos") teñen o modelo de solicitude oficial (Anexo III-1) e a ficha de titoría. 

 

 

*O alumnado con permanencia para 5º e 6º de Educación Infantil non teñen que realizar ningún trámite de matrícula

MATRICULA CURSO 23-24

 

  • FORMALIZACIÓN DE MATRICULA DO 20 AO 30 DE XUÑO.

Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida 

Documentos a presentar:

 Modelo de solicitude oficial debidamente cuberta e asinada (Anexo III-1).

-  Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social ou seguro médico.

-  Ficha de titoría (facilitada pola Escola) debidamente cuberta.

-   4 fotografías tamaño carné.

  • OS PAIS E NAIS DOS NENOS E NENAS FINALMENTE ADMITIDOS EN 4º DE EI, QUEDAN CONVOCADOS O 28 DE XUÑO A UNHA REUNIÓN INFORMATIVA, ÁS 20 HORAS, A QUE DEBEN ASISTIR SEN OS SEUS FILLOS

 Nos seguintes pdf (clicar en "2 adxuntos") teñen o modelo de solicitude oficial (Anexo III-1) e a ficha de titoría. 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROCESO DE ADMISIÓN

  • AS LISTAXES DEFINITIVAS XA ESTÁN PUBLICADAS NA ESCOLA E PÓDENSE CONSULTAR EN HORARIO ESCOLAR

As listaxes definitivas do alumnado admitido poden ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

 

  • FORMALIZACIÓN DE MATRICULA DO 20 AO 30 DE XUÑO EN HORARIO DE SECRETARÍA DE 13:15 A 14:00

Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida 

Documentos a presentar:

 Modelo de solicitude oficial debidamente cuberta e asinada (Anexo III-1).

-  Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social ou seguro médico.

-  Ficha de titoría (facilitada pola Escola) debidamente cuberta.

-   4 fotografías tamaño carné.

  • OS PAIS E NAIS DOS NENOS E NENAS FINALMENTE ADMITIDOS EN 4º DE EI (3 ANOS), QUEDAN CONVOCADOS O MÉRCORES 28 DE XUÑO A UNHA REUNIÓN INFORMATIVA, ÁS 20 HORAS, Á QUE DEBEN ASISTIRSEN OS SEUS FILLOS

 Nos seguintes pdf (clicar en "2 adxuntos") teñen o modelo de solicitude oficial (Anexo III-1)e a ficha de titoría. 

CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS NA EEI CRESPO RIVAS

O venres, 28 de abril, celebramos na EEI Crespo Rivas a Festa dos Maios para celebrar a chegada da primavera.

Durante dúas xornadas, elaboramos o Maio co material aportado polas familias: fiúncho, calas, pampullos... grazas pola vosa colaboración!

Aquí tedes un vídeo resumo da celebración!


LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2023-24

As listaxes de admitidos provisionais xa están publicadas na escola e pódense consultar en horario escolar. 

 

 

IMPORTANTE: INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN

BAREMACIÓN:

ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2023/2024 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para a presentación, de forma presencialda documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan. 

 

Nos seguintes pdf (clicar en "2 adxuntos") teñen información sobre a documentación baremable e a puntuación dos criterios para o baremo

Distribuir contido


by Dr. Radut