Skip to Content

blogue dedireccion

Contos

Aquí tedes unha recomendación de contos coa temática de irmáns por se son do voso interese.

Agardamos que vos gusten! 

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DO CEP CAMPOLONGO

O pasado mércores inaugurouse a Biblioteca do CEP Campolongo, e para celebralo, o alumnado de 5 anos foi convidado a participar nunha sesión de conta contos, nos que participaron tamén os compañeiros e compañeiras de primeiro de Educación Primaria.

Co motivo da celebración de Samaín, os contos estaban relacionados con esta temática.

Pasámolo xenial compartindo os nosos medos!

 

DÍAS DE CONVENIENCIA PEDAGÓXICA

Dende inspección acaban de aprobar como días de conveniencia pedagóxica para este centro o 13 de Outubro e 20 de Maio, polo que eses día non haberá colexio. 

RECORDATORIO PARA INSTALAR A APLICACIÓN ABALAR

Lembramos ás familias que non teñen instalada a aplicación "abalarMóbil" da Xunta, que é importante que a descarguen xa que é un medio de comunicación familia-escola.  


 Se tedes algunha dúbida, podedes consultar este manual de Abalar Móbil. 

https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual/pluginfile.php/5245/mod_resource/content/2/20221201_abalarMobil_manual_V8.pdf

 

Agradecemos a vosa colaboración. 

Un saúdo.

RECORDATORIO PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL (4 E 5 ANOS). CURSO 2023-24

 

  • Por acordo en  claustro traerase da casa unha botella de auga reutilizable na mochila, non tendo que traer vaso.  Mostrámosvos dúas botellas a modo de exemplo.

 

  

  • Lembramos que no menú diario pódese incorporar froita, intentar na medida do posible seguir o calendario de merendas.

 

  • A información relativa ao material darase a comezo de curso.

 

  • Lembramos que o alumnado que teña irmáns no centro terán que desinstalar e volver instalar a aplicación Abalar.

 

NOVAS ENTRADAS E SAÍDAS PARA O CURSO 2023-24

Estimadas familias:

-    O horario de entrada será de 9,00 h a 9,05 h.

-  O alumnado que chegue fora desde horario accederán a Escola pola porta principal.

Para evitar aglomeracións temos diferentes entradas e saídas a Escola dependendo do grupo de alumnado.

  • Alumnado de 3 anos da mestra Susana Santos e Ester Ojea (Grupo 4ºA e 4ºB). Entrada pola porta do Paseo de Valle Inclán (non entrada principal, cancela pequena). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.
  • Alumnado de 3 anos da mestra Iria Boga (Grupo 4ºC). Entrada pola porta principal (mural tren). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.
  • Alumnado de 4 anos da mestra Marta Muñiz (Grupo 5ºA). Entrada pola porta principal (mural tren). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.
  • Alumnado de 4 anos da mestra María Martín e Begoña (Grupo 5ºB e 5ªC) entrada pola porta pequena de Campologo situada ao carón do carballo (non entrada principal, cancela pequena). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas. 
  • Alumnado de 5 anos da mestra Chus (Grupo 5ºC). Entrada pola porta principal (mural tren). Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.
  • Alumnado de 5 anos das mestra Anita e Maipi  (Grupos 6ºB e 6ºC). Accederán pola entrada das pistas do CEP Campolongo.  Estará aberta 5 minutos antes das entradas e saídas.

*OS PRIMEIROS DÍAS TEREMOS CARTEIS IDENTIFICATIVOS NAS ENTRADAS ESPECIFICANDO O GRUPO PARA FACILITAR O ACCESO.*

Lembramos que para facilitar a saída do alumnado as familias deberán axilizar a recollida dos nenos/as.

Agradecemos a súa colaboración. 

Un saúdo.

Distribuir contido


by Dr. Radut