Skip to Content

Proceso de admisión

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-25

O 25 de abril poderedes consultar as listas definitivas do proceso de admisión no taboleiro de anuncios que está dentro do recinto escolar.

Lembrade que o prazo de matrícula é do 20 ao 30 de xuño, con horario de secretaría de 9:15h a 10:00h.

LISTAXE DE RESERVA PARA 1º DE PRIMARIA DO CEP CAMPOLONGO

O XOVES 22 DE FEBREIRO APARECERÁ NO TABLÓN DE ANUNCIOS DESTA ESCOLA A LISTAXE DE RESERVA PARA 1º DE PRIMARIA DO CEP CAMPOLONGO.  

LEMBRADE QUE DEBEREDES FORMALIZAR A MATRICULA DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO NO CEP CAMPOLONGO.

RESERVA DE PRAZA NO CEP CAMPOLONGO CURSO 2024-25

As familias do alumnado de 6º curso de Educación Infantil que desexen cursar 1º de Primaria no CEP CAMPOLONGO ao que estamos adscritos, deberán formalizar a reserva.

prazo para dita solicitude está aberto dende o 
15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO DE 2024ambos incluídos. 
 
As familias do alumnado de 6º de Educación Infantil, deberán presentar a solicitude:
 
   1._Preferiblemente dende a APLICACIÓN ADMISIÓNALUMNADO
(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ENTREGANDO NO NOSO CENTRO (EN HORARIO DE SECRETARÍA DE 9:10 A 9:55 DE LUNS A VENRES) A SOLICITUDE E O ANEXO I BIS ou
 
        2. Presentándoa por SEDE ELECTRÓNICA ou
 
     3. Descargando o formulario/Anexo I, aquí adxunto, e entregando a xustificación na secretaría do noso centro (no horario mencionado).
 
 
No caso de que unha familia decida non cursar a Educación Primaria no CEP Campolongo, NON ten que tramitar a reserva, deberá presentar solicitude de admisión no proceso ordinario do 1 ao 20 de marzo no centro elixido.
 
 
Engadimos dous arquivos e o enlace directo á aplicación admisiónalumnado:

-As instrucións con todas as aclaracións para a reserva de praza.
-Anexo I- Reserva de praza en centro docente sostido con fondos públicos (ED550A).
 
 
Para calquera dúbida o horario de secretaría é de 9:10 a 9:55 de luns a venres.
 
 
Un saúdo, o equipo directivo.
 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO PROCESO DE ADMISIÓN

  • AS LISTAXES DEFINITIVAS XA ESTÁN PUBLICADAS NA ESCOLA E PÓDENSE CONSULTAR EN HORARIO ESCOLAR

As listaxes definitivas do alumnado admitido poden ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da Xefatura Territorial, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

 

  • FORMALIZACIÓN DE MATRICULA DO 20 AO 30 DE XUÑO EN HORARIO DE SECRETARÍA DE 13:15 A 14:00

Se finalizado o prazo de matrícula non se tivese formalizado esta, teráselle por decaído no dereito á praza obtida 

Documentos a presentar:

 Modelo de solicitude oficial debidamente cuberta e asinada (Anexo III-1).

-  Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social ou seguro médico.

-  Ficha de titoría (facilitada pola Escola) debidamente cuberta.

-   4 fotografías tamaño carné.

  • OS PAIS E NAIS DOS NENOS E NENAS FINALMENTE ADMITIDOS EN 4º DE EI (3 ANOS), QUEDAN CONVOCADOS O MÉRCORES 28 DE XUÑO A UNHA REUNIÓN INFORMATIVA, ÁS 20 HORAS, Á QUE DEBEN ASISTIRSEN OS SEUS FILLOS

 Nos seguintes pdf (clicar en "2 adxuntos") teñen o modelo de solicitude oficial (Anexo III-1)e a ficha de titoría. 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2023-24

As listaxes de admitidos provisionais xa están publicadas na escola e pódense consultar en horario escolar. 

 

 

IMPORTANTE: INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN

BAREMACIÓN:

ANUNCIO DE APERTURA DE PRAZO PARA PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN

Dada a insuficiencia de postos escolares dispoñibles para atender todas as solicitudes de admisión presentadas para o curso 2023/2024 e de conformidade co disposto no artigo 30.2 da Orde de 21 de outubro de 2022, ábrese un prazo de 10 días hábiles para a presentación, de forma presencialda documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados para realizar a valoración e establecer a orde de prelación das solicitudes que se relacionan. 

 

Nos seguintes pdf (clicar en "2 adxuntos") teñen información sobre a documentación baremable e a puntuación dos criterios para o baremo

PROCESO DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO CURSO 23-24

Informamos de que o proceso de admisión para o novo alumnado comezará o próximo día 1 de marzo

Non haberá xornadas de portas abertas debido ás características particulares do centro.

O prazo de entrega de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.  

Proximamente ampliaremos a información do proceso

O horario de secretaría será tódolos días en horario de 13:15 a 14:00h.

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Informamos de que unha vez rematado o tempo de reservas de praza para o CEP Campolongo, todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Deberedes formalizar a matricula no CEP Campolongo para o próximo curso entre o 20 e o 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut