As familias do alumnado de 6º curso de Educación Infantil que desexen cursar 1º de Primaria no CEP CAMPOLONGO ao que estamos adscritos, deberán formalizar a reserva.
O prazo para dita solicitude está aberto dende o 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO DE 2024, ambos incluídos.
As familias do alumnado de 6º de Educación Infantil, deberán presentar a solicitude:
1._Preferiblemente dende a APLICACIÓN ADMISIÓNALUMNADO
(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) e ENTREGANDO NO NOSO CENTRO (EN HORARIO DE SECRETARÍA DE 9:10 A 9:55 DE LUNS A VENRES) A SOLICITUDE E O ANEXO I BIS ou
2. Presentándoa por SEDE ELECTRÓNICA ou
3. Descargando o formulario/Anexo I, aquí adxunto, e entregando a xustificación na secretaría do noso centro (no horario mencionado).
No caso de que unha familia decida non cursar a Educación Primaria no CEP Campolongo, NON ten que tramitar a reserva, deberá presentar solicitude de admisión no proceso ordinario do 1 ao 20 de marzo no centro elixido.
Engadimos dous arquivos e o enlace directo á aplicación admisiónalumnado:
-As instrucións con todas as aclaracións para a reserva de praza.
-Anexo I- Reserva de praza en centro docente sostido con fondos públicos (ED550A).
Para calquera dúbida o horario de secretaría é de 9:10 a 9:55 de luns a venres.
Un saúdo, o equipo directivo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
InstrucciónsReservaCentros 2024-25.pdf | 299.81 KB |
ANEXO I. ADMISIÓN.pdf | 1.23 MB |