Skip to Content

blogue dedireccion

LISTAXE DE RESERVA PARA 1º DE PRIMARIA DO CEP CAMPOLONGO

O XOVES 22 DE FEBREIRO APARECERÁ NO TABLÓN DE ANUNCIOS DESTA ESCOLA A LISTAXE DE RESERVA PARA 1º DE PRIMARIA DO CEP CAMPOLONGO.  

LEMBRADE QUE DEBEREDES FORMALIZAR A MATRICULA DENDE O 20 AO 30 DE XUÑO NO CEP CAMPOLONGO.

Britta Teckentrup

A autora Britta Teckentrup gustounos tanto que seguimos ollando máis libros dela.

Aquí vos deixamos unha recompilación dos nosos favoritos! 

Día da Paz

Polo 31 de Xaneiro, día da Paz, traballamos a partir dos contos de Britta Teckentrup: fixemos a nosa propia árbore da amizade e pensamos a nosa palabra relacionada coa paz.


Tamén ollamos un montón de libros que traballan os valores da solidariedade, empatía, amizade, amor,...

RESERVA DE PRAZA NO CEP CAMPOLONGO CURSO 2024-25

As familias do alumnado de 6º curso de Educación Infantil que desexen cursar 1º de Primaria no CEP CAMPOLONGO ao que estamos adscritos, deberán formalizar a reserva.

prazo para dita solicitude está aberto dende o 
15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO DE 2024ambos incluídos. 
 
As familias do alumnado de 6º de Educación Infantil, deberán presentar a solicitude:
 
   1._Preferiblemente dende a APLICACIÓN ADMISIÓNALUMNADO
(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ENTREGANDO NO NOSO CENTRO (EN HORARIO DE SECRETARÍA DE 9:10 A 9:55 DE LUNS A VENRES) A SOLICITUDE E O ANEXO I BIS ou
 
        2. Presentándoa por SEDE ELECTRÓNICA ou
 
     3. Descargando o formulario/Anexo I, aquí adxunto, e entregando a xustificación na secretaría do noso centro (no horario mencionado).
 
 
No caso de que unha familia decida non cursar a Educación Primaria no CEP Campolongo, NON ten que tramitar a reserva, deberá presentar solicitude de admisión no proceso ordinario do 1 ao 20 de marzo no centro elixido.
 
 
Engadimos dous arquivos e o enlace directo á aplicación admisiónalumnado:

-As instrucións con todas as aclaracións para a reserva de praza.
-Anexo I- Reserva de praza en centro docente sostido con fondos públicos (ED550A).
 
 
Para calquera dúbida o horario de secretaría é de 9:10 a 9:55 de luns a venres.
 
 
Un saúdo, o equipo directivo.
 

Como cambian as historias!

Aquí tedes diversos contos para comprobar que o lobo non é sempre o malo… animámosvos a descubrilos!

MAGOST0 2023

Antes de despedir este ano queremos compartir convosco o vídeo-resumen da festa do magosto, ollade o ben que o pasamos!  

 

Bo Nadal e feliz 2024 familias

Estaremos de volta o luns 8 de xaneiro. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut