Skip to Content

blogue dedireccion

ENTROIDO 2023 "O ENTROIDO DOS ANIMAIS"

O venres 17 de febreiro festexamos o Entroido dos animais na EEI Crespo Rivas.

Merendamos doces típicos destas datas (filloas, orellas, flores...) e despois bailamos cos nosos disfraces no xardín do colexio. 

Deixámosvos un vídeo resumen, agardando que o disfrutedes tanto coma nós!

PROCESO DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO CURSO 23-24

Informamos de que o proceso de admisión para o novo alumnado comezará o próximo día 1 de marzo

Non haberá xornadas de portas abertas debido ás características particulares do centro.

O prazo de entrega de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo.  

Proximamente ampliaremos a información do proceso

O horario de secretaría será tódolos días en horario de 13:15 a 14:00h.

INFORMACIÓN PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Informamos de que unha vez rematado o tempo de reservas de praza para o CEP Campolongo, todas as solicitudes presentadas foron admitidas.

Deberedes formalizar a matricula no CEP Campolongo para o próximo curso entre o 20 e o 30 de xuño.

PINGAS DE PAZ

O luns 30 de xaneiro, celebramos o Día escolar da non violencia e da Paz na EEI Crespo Rivas. 

Deixamosvos un vídeo-resumo desta celebración, agardando que sexa do voso agrado!

RESERVA DE PRAZO NO CEP CAMPOLONGO

 Do  15 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2023, ambos incluídos, está aberto o prazo para que o alumnado de 6º de Educación Infantil (5 anos) reserve praza no CEP Campolongo ao que estamos adscritos.

As familias do alumnado de 6º de Educación Infantil que desexe cursar 1º de Primaria no CEP Campolongo, deberán presentar a solicitude en papel,  cuberta  na secretaría do noso centro. Enviarase o luns 16 na mochila do alumnado o Anexo I aquí engadido.

No caso de que un alumno/a con reserva no CEP Campolongo decida presentar solicitude de admisión noutro Centro, deberá renunciar por escrito á praza que ten reservada antes do 1 de marzo.

O calendario do procedemento de admisión de matrícula, é o seguinte (disposición adicional primera da Orden 21 de octubre de 2022 pola que de desenvolve o Decreto 13/2022):

1. Prazo de presentación de solicitude de reserva: do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro. Unicamente presentarase o documento facilitado. Preferentemente asinado por ambos os proxenitores.  

 2. Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro.

3. Publicación de postos escolares vacantes: antes de 1 de marzo. 

4.Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo. Ten que vir asinada por ambos os proxenitores. 

5. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á finalización do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

6. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.

6. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

7. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.

 

8. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

Un saúdo, o equipo docente.

*Para visualizar o pdf pinchar en "Adxunto" na parte inferior desta entrada.

 

 

 

 

ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR. RENOVACIÓN PARCIAL O 28 DE OUTUBRO DE 2022

Segundo a Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, procederemos no mes de novembro á renovación parcial.

Segundo esta Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos. Anunciaremos os resultados na páxina web do centro.

Realizaremos a elección dos membros da Xunta Electoral por sorteo público o vindeiro venres 28 de outubro de 11,25h ás 11,55h.

Distribuir contido


by Dr. Radut