Skip to Content

GRUPOS 3 ANOS E PERIODO DE ADAPTACIÓN CURSO 2023/2024

Estimadas familias, xa estamos de volta!

No adxunto tedes a distribución do grupo-clase que lle corresponde os seus fillos así como as titoras, datas de período de adaptación e quendas de entrada.

 

MESTRAS E ENTRADAS

Grupo A mestra Susana Santos. Entrada pola porta do paseo (non entrada principal, cancela pequena).

Grupo B mestra Ester Ojea. Entrada pola porta do paseo (non entrada principal, cancela pequena).

Grupo C mestra Iria Boga. Entrada pola porta do paseo, entrada principal (mural tren).

 

*O servizo de comedor comezará a partir do día luns 18 (incluído).

*O plan madruga comezará a partir do día luns 18 (incluído) xa que comezamos coa xornada completa.

*A listaxe do material será proporcionada no sobre coa documentación de principio de curso que se entregará o primeiro día.

*As familias deberán descargar no seu teléfono móvil a aplicación Abalar da Xunta para a información e comunicación escola-familia (poderán dispoñer dela pai e nai ou titor legal).

 

Ao remate desta entrada, en cor laranxa, están os pdf (clicar en "3 adxuntos") con toda a información. 

Un saúdo.

O equipo Docente.

 

 

AdxuntoTamaño
CURSOS 4º EI.pdf40.46 KB
Distribucion adaptación 23 24.pdf67.94 KB
Periodo de adaptación horario.jpg383.49 KB


blog | by Dr. Radut