ENQUISA CONVIVENCIA 2019

 

ENQUISA CONVIVENCIA 

CONVIVENCIA

ATA O 17 DE MARZO DE 2019

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia, o Eixe 1 está dedicado á diagnose e seguimento da convivencia escolar, realizouse en 2015 unha diagnose inicial que permitiu identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos, para a elaboración do plan de convivencia. Transcorrido un período significativo, e ao obxecto de facer un seguimento do clima escolar da nosa comunidade e guiar as accións de mellora que cumpran, faise necesario repetir o proceso referido.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.

As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teña matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.

O código de acceso para cubrir a enquisa solicitaráselle á TITORA na ESCOLA. 

A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que preste atención e responda con responsabilidade. Este código servirá tan só unha vez; se tivese algún problema con ela ou precisase unha nova pode poñerse en contacto coa dirección do centro.

  ACCESO ENQUISA FAMILIAS