RESERVA DE PRAZA AOS CENTROS ADSCRITOS. Do 1 ao 17 de febreiro 2020

Atendendo ao disposto nas instrucións anuais na ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para  a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos  DOG 15-03-2015) modificada pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1-02-2017) o prazo de reserva de praza para continuar estudos en centros adscritos será do 1 ao 17 de febreiro de 2020.

ADSCRIPCIÓN DO CRA DE VILABOA

ESCOLAS DE BÉRTOLA, FIGUEIRIDO E PAREDES : CPI TOURAL

ESCOLAS DE BARCIELA E POUSADA: CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR

 

 

O alumnado que pretenda continuar estudos no centro de adscrición deberá presentar nas escolas do CRA, na sede do CRA ou directamente na Sede electrónica da Xunta de Galicia a solicitude de reserva xerándoa previamente a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Menú:  Solicitudes- Solicitudes de reserva - Crear solicitude de reserva 

 

Esta solicitude deberá presentarse en papel ou de xeito electrónico de dispor de certificado dixital uu CHAVE 365.

1) De entregarse en papel, entregaráselle na escola á titora quen facilitará o xustificante de entrega da mesmo, ou na sede do CRA en horario de Secretaría

LUNS 13:00-14:00

MARTES 09:00-11:00 // 17:00-18:00

XOVES 12:00-14:00

 

 2) De presentarse electronicamente debe comprobarse que queda correctamente tramitada dende a aplicación a través da SEDE ELECTRÓNICA da Xunta de Galicia, precisando para este trámite certificado dixital ou CHAVE 365. قشر الموز De presentala deste xeito non sería necesario entregala en papel no centro.   

Ámbalas dúas opcións son viables.   

 

En caso de ter dificultades coa aplicación, a documentación (modelo ED550A) facilitarase no centro en ámbalas dúas linguas oficiais e poderase cubrir igualmente de xeito manual.

As familias que non opten á reserva de praza nos centros adscritos, deberán esperar ao prazo ordinario de solicitude de admisión: Do 1 ao 20 de marzo de 2020.    

A reserva de praza no centro adscrito NON é compatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro.

 

LISTAXE ADMITIDOS CPI TOURAL 

LISTAXE ADMITIDOS CEP PLURILINGÜE RIOMAIOR

(pendente de publicación)

 

                        

 

1) D

 

AdxuntoTamaño
20200121_InstrucciónsConfiguraciónReserva.v.03.Tecnica.pdf221.86 KB
CIRCULAR RESERVA RIOMAIOR 2020.pdf1.01 MB
CIRCULAR RESERVA TOURAL 2020.pdf1.01 MB