Responder ó comentario
CASELÍN DESPIDE O CURSO
Posted Xuño 10th, 2020 by profe6 in
CASELÍN QUERE DESPEDIR CON NÓS ESTE CURSO
Caselín quere despedirse de vós ata setembro e agradecervos o esforzo que fixestes ó longo destes meses dende as vosas casas para evitar a expansión do COVID-19.
Para lembrar este camiño que percorremos todos xuntos, da man, proponvos deixar una pedra pintada na entrada da escola ( pode ser decorada libremente ou co nome. Recoméndase empregar alkil ou verniz ao rematar para que se conserve a decoración).
Poderedes deixar a vosa pedra decorada a partir do luns, 15 de xuño, aproveitando que esa semana tedes que acudir á escola para recoller o material.
Animádevos a seguir este camiño!
- %count lecturas